O STEG posiciónase en contra deste tratado
TTIP
Queremos propor actividades para realizar co voso alumnado.
O tema central é o TTIP, Acordo comercial entre a UE e os EEU, pero nun contexto máis global do que supoñen os Acordos de libre comercio.
Esta unidade didáctica proponse para o alumnado de Bacharelato (de especial interese para o alumnado de Economía), FP e quizais para últimos cursos da ESO.
É un tema de actualidade, que aos poucos se vai facendo público e que convén coñecelo porque, de se aprobar, vai ter grandes e graves consecuencias para a poboación.
A proposta de actividades é un menú moi amplo, do que hai que seleccionar, quedando en mans do profesorado o tempo e número de actividades que se van realizar así como a metodoloxía a seguir, podendo oscilar entre algo moi guiado e expositivo por parte do docente a algo máis participativo, fomentando o descubrimento e o traballo en grupo do alumnado.
O que vos mandamos é unha proposta que podedes modificar e utilizar segundo o voso criterio para adaptalo a cada clase e á situación de cada grupo. Esperamos que esta proposta sexa do voso interese e que vos facilite o labor a todas aquelas persoas que estades interesadas en traballar nas vosas clases estes temas.