Folga Xeral 29M do 2011
Desde o STEG celebramos, ademais, o éxito da folga entre o profesorado do noso país, o que demostra o compromiso das traballadoras e dos traballadores do ensino coa situación social actual e co futuro laboral do noso alumnado. En educación levamos moitas xornadas de protesta e folgas polos recortes realizados nos últimos anos no ensino, o que non impediu que nesta xornada a maioría das e dos docentes secundasen a folga.
Así as cousas, a mensaxe ao goberno estatal é alta e clara: rexeitamento total a que sexan as traballadoras e os traballadores quen paguen unha crise provocada pola especulación financeira, así como a que a crise se empregue como coartada para levar adiante políticas ultraliberais de desmantelamento de dereitos sociais e laborais conquistados ao longo de décadas.
Desde o STEG animamos ao toda a sociedade a perseverar na protesta contra esta Reforma Laboral ata que ao goberno non lle quede máis remedio que escoitar a voz da maioría das traballadoras e dos traballadores.