Secretaría da Muller · Comunicados

Primeiro de Maio: Día das Traballadoras

Primeiro de Maio: Día das Traballadoras

O papel do sindicalismo feminista: como as mulleres sindicalistas están a traballar para promover a igualdade de xénero no mundo laboral

O Primeiro de Maio tamén ten nome de muller. Como tantas outras pioneiras que abriron camiño na loita obreira, Isabel Vila i Pujol, unha das primeira sindicalistas do estado español e mestra de profesión, alzou a voz en pleno século XIX para denunciar a explotación laboral, organizar folgas e esixir xustiza social para as máis invisibilizadas. O seu exemplo é un entre moitos: mulleres que, ao longo da historia, sostiveron con coraxe as bandeiras da igualdade, os dereitos e a dignidade nos centros de traballo e nas rúas.

Hoxe, como entón, as mulleres sindicalistas seguimos na primeira liña. Desde sectores feminizados como o educativo, o sanitario ou o do persoal laboral, ata aqueles tradicionalmente masculinizados como o ferroviario ou o industrial, levamos tempo alzando a voz para poñer no centro as desigualdades que atravesan o noso día a día: fendas salariais, teitos de cristal, violencia institucional, discriminación por razón de xénero ou identidade, e a invisibilización do traballo de coidados.

O sindicalismo feminista non só interpela ás mulleres: é unha ferramenta colectiva de transformación. Os homes tamén deben implicarse activamente nesta loita, porque a igualdade non é só unha demanda de xustiza de xénero, senón un avance social que mellora a vida de todas as persoas. Loitamos por dereitos reais, por plans de igualdade vivos e efectivos, por espazos seguros e libres de violencias, pola corresponsabilidade e por unha repartición xusta do tempo e o traballo. Porque sen feminismo, o sindicalismo fica coxo. E sen xustiza social, non hai igualdade posible.

Seguiremos organizadas, combativas e unidas. Porque a igualdade non se delega: deféndese, practícase e conquístase.

Asemblea de mulleres do STEG

Organización de Mulleres da Confederación Intersindical

SINDICATO STEG MOI PRETO DE TI


A CORUÑA

Rúa Basquiños 52 · Baixo dereita
15702 - Santiago de Compostela
Tfno 981 580 700
Telf: 981 154 031
compostela@steg.gal
corunha@steg.gal

Ver en Google Maps

 

LUGO

R/ Conde nº 31 · Entresollado esquerda.
27003 · Lugo
Tfno. 982 240 066
lugo@steg.gal

Ver en Google Maps
 

OURENSE

R/ Bedoya 5 · 2º dereita. 32004 · Ourense
Tfno 988 252 323
ourense@steg.gal

Ver en Google Maps
 

PONTEVEDRA

Avenida da Florida 42, oficina 4 (entresollado)
36210 · Vigo
Tfno. 986 857 545
pontevedra@steg.gal

Ver en Google Maps
 
STEG Sindicato de traballadoras e traballadores de ensino de Galiza