Trátase de organizar un repertorio de actividades mediante as que, o alumnado realizaría un estudo descritivo dunha localidade ou comarca, cuxo resultado final fose a elaboración dun folleto informativo sobre os recursos naturais da zona, o seu patrimonio artístico cultural, festas populares, artesanía, actividade produtiva, institucións, asociación que desenvolven actividades na mesma, etc.
Festas populares. Achegar ó alumnado ó coñecemento das celebracións festivas de diferentes comarcas de Galiza, ou doutros lugares do mundo, relacionando esas festividades coa tradición cultural correspondente, así como con determinados acontecementos que foron, o longo dos tempos, motivos de conmemoración: Nadal- solsticio de inverno, san Antón festa da xerminación, san Xoán solsticio de verán, celebración do magosto, o Entroido, festas da recolección de froitos, etc.
Proxecto de sensibilización do patrimonio cultural de Ponte Caldelas, A Lama e Fornelos: enlace.
O entroido na provincia de Ourense: enlace web de vieiros.
Sobre a cultura castrexa.
Unidade didáctica para traballar o teu contorno.
Recollida de cantigas, remedios contra as doenzas e mal de ollo, contos de lobos, nubeiros, ánimas e santas compañas, demos, mouros, encantos, e ata tesouros enterrados: enlace.
Actividades para traballar ao redor das tradicións relacionadas co San Xoán.