Obradoiro con obxectos reciclables
Este taller está enfocado á recuperación e utilización de materiais de refugallo u obxectos considerados inservíbeis nas casas.
O obxectivo é a construción e reparación de artiluxios, cachivaches e obxectos de diferente tipo.
O taller de obxectos reciclabeis pode ter distintas modalidades: pequena carpintería, reparación e recuperación de xoguetes vellos ou deteriorados do alumnado, recuncho do xastre para a reparación e transformación de roupas e vestiarios, elaboración de instrumentos musicais
Nesta recompilación podemos ver como con sinxelos materiais, moitos deles de refugallo, se poden
facer fermosos xoguetes.