O obxectivo deste taller é a análise das chaves do periodismo como medio de comunicación de masas, a lectura crítica de distintos textos periodísticos e a xeración de noticias: analizar elementos visuais e textuais do xornal e a súa relación significativa: valorar de forma textual o xornalismo , desenvolver estratexias para ser críticos coas fontes informativas, saber cal é a función das axencias de noticias na estrutura da información a nivel mundial: analizar a evolución histórica dende a prensa política á do negocio e a tendencia á concentración de emisores; diferenciar a realidade da ficción nas distintas publicacións (xornais, revistas populares, etc); desvelar procedementos de manipulación nos textos periodísticos; analizar os valores subxacentes en determinados produtos como o xornalismo, a prensa do corazón, etc.
Xornal escolar: é moi interesante que o produto de traballo colectivo se dé a coñecer no centro e que calquera membro da comunidade educativa poida participar, de xeito individual ou colectivo, en edicións sucesivas, aportando noticias ou comentarios, artigos de opinión, humor, reportaxes grupais, etc
Traballo na aula: blog interesante .