STEG ó día · Campañas · Solidariedade STEG

Obxectivos

O noso proxecto solidario

No STEG estamos persuadidos de que desde esta organización sindical, ao igual que desde o voso centro educativo, podemos e debemos aportar un esforzo especial na tarefa colectiva da solidariedade, a cooperación e a interculturalidade.
 
Esta sección web pretende explicar e expor as iniciativas que o STEG leva a cabo nestes ámbitos. Desde aquí convidámosvos a coñecer un pouco mellor as nosas actividades e a unirvos a nós en calquera delas. Todo o mundo é benvido.
 
Os nosos obxectivos son:
  • Colaborar con aquelas organizacións de ámbito galego ou superior que desenvolven directamente programas de cooperación que responden ás necesidades reais da comunidade coa que traballan. Neste sentido, é o grupo social desfavorecido quen debe ser dono e partícipe en todo momento do programa de axuda.
  • Garantir que a integridade das axudas chegan a mans da comunidade deficitaria. Para isto colaboramos persoalmente coas organizacións e o voluntariado que están implicados no proxecto.
  • Facer patente que a diversidade social e cultural é natural e que convén facer desta circunstancia un motivo educativo. Ora ben, non facer pasar nunca a diversidade por desigualdade.
  • Axudar a organizar un marco de relacións baseado no igualitarismo, para podermos participar con garantía de dereitos (opinando, decidindo, tomando responsabilidades,...) dado que, con respecto, podemos analizar criticamente todas as culturas, tamén iso que se deu en chamar “cultura escolar”.
  • Evidenciar a natureza política dos conflitos presuntamente culturais, xa que mellorar a existencia das persoas é o mellor xeito de mellorar as relacións.
  • Educar no tratamento dos conflitos culturais, sendo conscientes do noso etnocentrismo cultural e desvelando a construción interesada de estereotipos.
 
Por suposto, o STEG sempre ten os brazos abertos a todas aquelas persoas, afiliadas ou non, que queiran pedir información, facer unha doazón puntual, de cartos ou material, e mesmo colaborar voluntariamente no noso proxecto solidario. Non dubidedes en contactar: organizacion@steg.gal

SINDICATO STEG MOI PRETO DE TI


A CORUÑA

Rúa Basquiños 52 · Baixo dereita
15702 - Santiago de Compostela
Tfno 981 580 700
Telf: 981 154 031
compostela@steg.gal
corunha@steg.gal

Ver en Google Maps

 

LUGO

R/ Conde nº 31 · Entresollado esquerda.
27003 · Lugo
Tfno. 982 240 066
lugo@steg.gal

Ver en Google Maps
 

OURENSE

R/ Bedoya 5 · 2º dereita. 32004 · Ourense
Tfno 988 252 323
ourense@steg.gal

Ver en Google Maps
 

PONTEVEDRA

Avenida da Florida 42, oficina 4 (entresollado)
36210 · Vigo
Tfno. 986 857 545
pontevedra@steg.gal

Ver en Google Maps
 
STEG Sindicato de traballadoras e traballadores de ensino de Galiza