STEG ó día · STEG opina

09-04-2025

Pola liberdade de expresión no sistema educativo galego

Abonda de censura e abuso de poder!

A Consellaría de Educación leva meses asediando e censurando á comunidade educativa, forzando ás inspeccións a exercer un papel fiscalizador que nada ten que ver coa súa función primordial de apoio e interlocución entre a comunidade educativa e admnistración. 

Isto leva acontecendo en reiteradas ocasións onde a administración educativa está a  interferir, amoestar e reprender actos organizados pola comunidade educativa de distintos centros:

  • Prohibición dun encontro, organizado por este sindicato, de alumnado coa Embaixada de Palestina para coñecer de primeira man a situación de xenocidio que vive o pobo palestino.
  • Chamada de atención nun CEIP pola presencia dunha faixa, promovida pola ANPA da escola, a favor do uso do galego na manifestación nacional do 23 de febreiro de 2025.
  • Recriminación a distintos centros educativos por organizar actividades sobre o impacto ambiental de Altri.

Do STEG queremos denunciar esta política de persecución e censura que está levando a cabo a Xunta de Galicia e a súa Consellaría de Educación nos centros educativos galegos. Consideramos que están sendo gravemente vulnerados dereitos fundamentais como a liberdade de expresión, a liberdade de pensamento político ou a liberdade de manifestación, todos eles establecidos na Declaración de Dereitos Humanos (artigos 18º, 19º, 20º e 21º).

Do STEG chamamos á alerta contra esta situación e a alzar ben alto as nosas voces por mantermos unha escola pública, libre e igualitaria onde a diversidade e a liberdade de expresión continúen a ser direitos fundamentais e inviolábeis por ningún partido ou institución que se diga de democrática, e, moito menos, pola propia administración educativa.

 

SINDICATO STEG MOI PRETO DE TI


A CORUÑA

Rúa Basquiños 52 · Baixo dereita
15702 - Santiago de Compostela
Tfno 981 580 700
Telf: 981 154 031
compostela@steg.gal
corunha@steg.gal

Ver en Google Maps

 

LUGO

R/ Conde nº 31 · Entresollado esquerda.
27003 · Lugo
Tfno. 982 240 066
lugo@steg.gal

Ver en Google Maps
 

OURENSE

R/ Bedoya 5 · 2º dereita. 32004 · Ourense
Tfno 988 252 323
ourense@steg.gal

Ver en Google Maps
 

PONTEVEDRA

Avenida da Florida 42, oficina 4 (entresollado)
36210 · Vigo
Tfno. 986 857 545
pontevedra@steg.gal

Ver en Google Maps
 
STEG Sindicato de traballadoras e traballadores de ensino de Galiza