Art. 17º-
Décimo sétimo.- Permiso por parto
a) Discapacidade do fillo: dúas semanas máis.
b) Partos múltiples: dúas semanas máis por cada fillo a partir do segundo.
c) Partos prematuros e aqueles nos cales, por calquera outra causa, o neonato deba permanecer hospitalizado a continuación do parto: tantos días como o neonato se encontre hospitalizado, ata un máximo de trece semanas adicionais.
a) Dezasete semanas no caso de nacementos, adopcións ou acollementos que se produzan durante o ano 2016.
b) Dezaoito semanas no caso de nacementos, adopcións ou acollementos que se produzan durante o ano 2017 e sucesivos.
RDL 9-2025 de 29 de xullo (BOE 30/07/2025)
a) Permiso por nacemento para a nai biolóxica: terá unha duración de dezanove semanas.
No suposto de monoparentalidade, por existir unha única persoa proxenitora, o permiso será de trinta e dúas semanas.
Nos casos de parto prematuro e naqueles en que, por calquera outra causa, o neonato deba permanecer hospitalizado a continuación do parto, este permiso ampliarase en tantos días como o neonato se atope hospitalizado, cun máximo de trece semanas adicionais.
No suposto de falecemento do fillo ou filla, o período de duración do permiso non se verá reducido, agás que, unha vez finalizadas as seis semanas de descanso obrigatorio, se solicite a reincorporación ao posto de traballo.
Este permiso ampliarase para ambos os proxenitores en dúas semanas máis no suposto de discapacidade do fillo ou filla e, por cada fillo ou filla a partir do segundo nos supostos de parto múltiple, unha para cada un dos proxenitores. En caso de falecemento da nai, o outro proxenitor poderá facer uso da totalidade ou, se é o caso, da parte que reste de permiso.
O permiso polo coidado de menor distribúese da seguinte maneira:
1.º Seis semanas ininterrompidas inmediatamente posteriores ao parto, serán obrigatorias e haberán de gozarse a xornada completa.
2.º Once semanas, vinte e dúas no caso de monoparentalidade, que poderán distribuírse a vontade da nai, en períodos semanais a gozar de forma acumulada ou interrompida e exercitarse desde a finalización do descanso obrigatorio posterior ao parto ata que o fillo ou a filla cumpra doce meses.
3.º Dúas semanas, catro no caso de monoparentalidade, para o coidado do menor que poderán distribuírse a vontade da nai, en períodos semanais de forma acumulada ou interrompida ata que o fillo ou a filla cumpra os oito anos.
Este permiso constitúe un dereito individual da nai biolóxica, sen que poida transferirse o seu exercicio.
O permiso previsto nos apartados 2.º e 3.º poderá gozarse a xornada completa ou a tempo parcial, cando as necesidades do servizo o permitan, e nos termos que regulamentariamente se determinen, conforme ás regras establecidas no presente artigo.
No caso do goce interrompido do permiso requirirase, para cada período de goce, un aviso previo de polo menos quince días e realizarase por semanas completas.
No caso das semanas a que se refire o parágrafo 3.º, cando concorran en ambas as persoas proxenitoras, adoptantes, ou acolledoras, polo mesmo suxeito e feito causante, e o período solicitado altere seriamente o correcto funcionamento da unidade da administración na que ambas presten servizos, esta poderá aprazar a concesión do permiso por un período razoable, xustificándoo por escrito e despois de ter ofrecido unha alternativa de goce máis flexible.
Durante o goce deste permiso, unha vez finalizado o período de descanso obrigatorio, poderase participar nos cursos de formación que convoque a Administración.
Para os efectos do disposto neste apartado, o termo de nai biolóxica inclúe tamén as persoas trans xestantes.
b) Permiso por adopción, por garda con fins de adopción, ou acollemento, tanto temporal como permanente: terá unha duración de dezanove semanas para cada adoptante, gardador ou acolledor.
No suposto de monoparentalidade, por existir unha única persoa proxenitora, o permiso será de trinta e dúas semanas.
Este permiso ampliarase para ambos os proxenitores en dúas semanas máis no suposto de discapacidade do fillo ou filla e, por cada fillo ou filla a partir do segundo nos supostos de nacemento, adopción, garda con fins de adopción ou acollemento múltiples, unha para cada un dos proxenitores.
O permiso de cada un dos proxenitores polo coidado de menor distribúese da seguinte maneira:
1.º Seis semanas ininterrompidas inmediatamente posteriores á resolución xudicial pola que se constitúe a adopción ou ben da decisión administrativa de garda con fins de adopción ou de acollemento, serán obrigatorias e haberán de gozarse a xornada completa.
2.º Once semanas, vinte e dúas no caso de monoparentalidade, que poderán distribuírse a vontade daqueles, en períodos semanais a gozar de forma acumulada ou interrompida e exercitarse desde a finalización do descanso obrigatorio posterior ao feito causante dentro dos doce meses a contar ou ben desde o nacemento do fillo ou filla, ou ben desde a resolución xudicial pola que se constitúe a adopción ou ben da decisión administrativa de garda con fins de adopción ou de acollemento.
3.º Dúas semanas, catro no caso de monoparentalidade, para o coidado do menor que poderán distribuírse a vontade daqueles, en períodos semanais de forma acumulada ou interrompida ata que o fillo ou a filla cumpra os oito anos.
En ningún caso un mesmo menor poderá dar dereito a varios períodos de goce deste permiso.
Este permiso constitúe un dereito individual das persoas proxenitoras, adoptantes ou acolledoras, homes ou mulleres, sen que poida transferirse o seu exercicio.
O permiso previsto nos apartados 2.º e 3.º poderá gozarse a xornada completa ou a tempo parcial, cando as necesidades do servizo o permitan, e nos termos que regulamentariamente se determinen, conforme ás regras establecidas no presente artigo.
No caso do goce interrompido do permiso requirirase, para cada período de goce, un aviso previo de polo menos quince días e realizarase por semanas completas.
No caso das semanas a que se refire o parágrafo 3.º, cando concorran en ambas as persoas proxenitoras, adoptantes, ou acolledoras, polo mesmo suxeito e feito causante, e o período solicitado altere seriamente o correcto funcionamento da unidade da administración na que ambas presten servizos, esta poderá aprazar a concesión do permiso por un período razoable, xustificándoo por escrito e despois de ter ofrecido unha alternativa de goce máis flexible.
Se fose necesario o desprazamento previo dos proxenitores ao país de orixe do adoptado, nos casos de adopción ou acollemento internacional, terase dereito, ademais, a un permiso de ata dous meses de duración, percibindo durante este período exclusivamente as retribucións básicas.
Con independencia do permiso de ata dous meses previsto no parágrafo anterior e para o suposto contemplado no devandito parágrafo, o permiso por adopción, garda con fins de adopción ou acollemento, tanto temporal como permanente, poderá iniciarse ata catro semanas antes da resolución xudicial pola que se constitúa a adopción ou a decisión administrativa ou xudicial de acollemento.
Durante o goce deste permiso, unha vez finalizado o período de descanso obrigatorio, poderase participar nos cursos de formación que convoque a Administración.
Os supostos de adopción, garda con fins de adopción ou acollemento, tanto temporal como permanente, previstos neste artigo serán os que así se establezan no Código Civil ou nas leis civís das comunidades autónomas que os regulen, debendo ter o acollemento temporal unha duración non inferior a un ano.
c) Permiso do proxenitor diferente da nai biolóxica por nacemento, garda con fins de adopción, acollemento ou adopción dun fillo ou filla:
terá unha duración de dezanove semanas.
No suposto de monoparentalidade, por existir unha única persoa proxenitora, o permiso será de trinta e dúas semanas.
Nos casos de parto prematuro e naqueles en que, por calquera outra causa, o neonato deba permanecer hospitalizado a continuación do parto, este permiso ampliarase en tantos días como o neonato se atope hospitalizado, cun máximo de trece semanas adicionais.
No suposto de falecemento do fillo ou filla, o período de duración do permiso non se verá reducido, agás que, unha vez finalizadas as seis semanas de descanso obrigatorio se solicite a reincorporación ao posto de traballo.
Este permiso ampliarase para ambos os proxenitores en dúas semanas máis no suposto de discapacidade do fillo ou filla e, por cada fillo ou filla a partir do segundo nos supostos de nacemento, adopción, garda con fins de adopción ou acollemento múltiples, unha para cada un dos proxenitores.
En caso de falecemento do proxenitor distinto da nai biolóxica, o outro proxenitor poderá facer uso da totalidade ou, se é o caso, da parte que reste de permiso.
O permiso de cada un dos proxenitores polo coidado de menor distribúese da seguinte maneira:
1.º Seis semanas ininterrompidas inmediatamente posteriores á resolución xudicial pola que se constitúe a adopción ou ben da decisión administrativa de garda con fins de adopción ou de acollemento, serán obrigatorias e haberán de gozarse a xornada completa.
2.º Once semanas, vinte e dúas no caso de monoparentalidade, que poderán distribuírse a vontade daqueles, en períodos semanais a gozar de forma acumulada ou interrompida e exercitarse desde a finalización do descanso obrigatorio posterior ao feito causante dentro dos doce meses a contar ou ben desde o nacemento do fillo ou filla, ou ben desde a resolución xudicial pola que se constitúe a adopción ou ben da decisión administrativa de garda con fins de adopción ou de acollemento.
3.º Dúas semanas, catro no caso de monoparentalidade, para o coidado do menor que poderán distribuírse a vontade daqueles, en períodos semanais de forma acumulada ou interrompida ata que o fillo ou a filla cumpra os oito anos. Este permiso constitúe un dereito individual das persoas proxenitoras, adoptantes ou acolledoras, homes ou mulleres, sen que poida transferirse o seu exercicio.
O permiso previsto nos apartados 2.º e 3.º poderá gozarse a xornada completa ou a tempo parcial, cando as necesidades do servizo o permitan, e nos termos que regulamentariamente se determinen, conforme ás regras establecidas no presente artigo.
No caso do goce interrompido do permiso requirirase, para cada período de goce, un aviso previo de polo menos quince días e realizarase por semanas completas.
No caso de que se optase polo goce do presente permiso con posterioridade á semana dezaseis do permiso por nacemento, se o proxenitor que goza deste último permiso solicitase a acumulación do tempo de lactación dun fillo menor de doce meses en xornadas completas do apartado f) do artigo 48, será á finalización dese período cando se dará inicio ao cómputo do período das doce semanas restantes do permiso do proxenitor diferente da nai biolóxica.
No caso das semanas a que se refire o parágrafo 3.º, cando concorran en ambas as persoas proxenitoras, adoptantes, ou acolledoras, polo mesmo suxeito e feito causante, e o período solicitado altere seriamente o correcto funcionamento da unidade da administración na que ambas presten servizos, esta poderá aprazar a concesión do permiso por un período razoable, xustificándoo por escrito e despois de ter ofrecido unha alternativa de goce máis flexible.
Durante o goce deste permiso, unha vez finalizado o período de descanso obrigatorio, poderase participar nos cursos de formación que convoque a Administración.
Nos casos previstos nos apartados a), b), e c) o tempo transcorrido durante o goce destes permisos computarase como de servizo efectivo para todos os efectos, garantíndose a plenitude de dereitos económicos da funcionaria e, se é o caso, do outro proxenitor funcionario, durante todo o período de duración do permiso, e, se é o caso, durante os períodos posteriores ao goce deste, se de acordo coa normativa aplicable, o dereito a percibir algún concepto retributivo se determina en función do período de goce do permiso.
Os funcionarios que fixesen uso do permiso por nacemento, adopción, garda con fins de adopción ou acollemento, tanto temporal como permanente, terán dereito, unha vez finalizado o período de permiso, a reintegrarse ao seu posto de traballo en termos e condicións que non lles resulten menos favorables ao goce do permiso, así como a beneficiarse de calquera mellora nas condicións de traballo ás que puidesen ter dereito durante a súa ausencia.
g) Permiso parental para o coidado de fillo, filla ou menor acollido por tempo superior a un ano, ata o momento en que o menor cumpra oito anos:
non terá carácter retribuído e terá unha duración non superior a oito semanas, continuas ou descontinuas, poderá gozarse a tempo completo, ou en réxime de xornada a tempo parcial, cando as necesidades do servizo o permitan e conforme aos termos que regulamentariamente se establezan.
Este permiso constitúe un dereito individual das persoas proxenitoras, adoptantes ou acolledoras, homes ou mulleres, sen que poida transferirse o seu exercicio.
Cando as necesidades do servizo o permitan, corresponderalle á persoa proxenitora, adoptante ou acolledora especificar a data de inicio e fin do goce ou, se é o caso, dos períodos de goce, debendo comunicalo á Administración cunha antelación de quince días e realizándose por semanas completas.
Cando concorran en ambas as persoas proxenitoras, adoptantes, ou acolledoras, polo mesmo suxeito e feito causante, as circunstancias necesarias para ter dereito a este permiso nos que o goce do permiso parental no período solicitado altere seriamente o correcto funcionamento da unidade da administración na que ambas presten servizos, esta poderá aprazar a concesión do permiso por un período razoable, xustificándoo por escrito e despois de ter ofrecido unha alternativa de goce máis flexible.
Para os efectos do disposto neste apartado, o termo de nai biolóxica inclúe tamén as persoas trans xestantes.»
DOCUMENTACIÓN ESIXIDA:
– Certificado médico oficial, certificado de nacemento do Rexistro Civil ou presentación do libro de familia que acredite a data en que se produciu o nacemento.
– Se o inicio do permiso se produce antes do parto, presentarase o documento xustificativo de estar no período de dez semanas anteriores ao parto.
– No caso de que o permiso se amplíe por discapacidade da filla ou fillo: documento acreditativo da dita discapacidade.
– No caso de que o permiso se amplíe por parto prematuro ou pola hospitalización do neonato: documento acreditativo da condición de prematuro ou da hospitalización.
Horario das sedes:
10.00h-14:00h (Atención presencial e con cita previa)
16.00h-19:00h (Atención telefónica e con cita previa)
R/ Bedoya 5 · 2º dereita. 32004 · Ourense
Tfno 988 252 323
ourense@steg.gal
Ver en Google Maps