STEG ó día · STEG opina

29-09-2015

Por permitir manifestacións misóxinas, homófobas, machistas e de apoloxía da violencia.

Contencioso-administrativo contra a Universidade de Vigo.

O STEG solidarízase coas súas afiliadas da Universidade de Vigo e coas persoas que se viron forzadas a levar esta institución aos tribunais ante a súa permisividade no uso dunha conta de correo institucional para enviar contidos do tipo anteriormente indicado.

O Xefe de Sección do Servizo de contratación hai moitos anos que fai comunicacións onde se incita ao uso da violencia e á discriminación cultural, política ou sexual, con contidos atentatorios contra a intimidade e a honra ou sexualmente explícitos, o cal ―á marxe do dubidoso gosto―supón un claro caso de acoso moral e de vulneración do dereito de igualdade.

Este xefe de sección fixo moitas das súas comunicacións electrónicas desde a propia conta institucional (xascopo@uvigo.es), mesmo en horario laboral e a listas de correo da comunidade universitaria. A pesar das innúmeras denuncias e queixas presentadas por colectivos ou por persoas individuais perante os responsábeis da Universidade (Reitor, Xerencia e Unidade de Igualdade), a institución fecha fileiras e teima en protexer ao xefe de sección argüíndo que “o contido das mensaxes podería estar amparado polo que permite a liberdade de expresión”.

Ante tal situación non podemos senón manifestar o noso estupor e asombro, apoiando sen reservas esta acción nos tribunais na confianza de que a xustiza prevaleza e que feitos de tamaña gravidade sexan debidamente corrixidos e punidos.

O martes 29 de setembro o STEG estará presente ás 10h 25 vista que terá lugar no Tribunal Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo. Animámosvos tamém a que vos xuntedes a nós como acto de solidariedade e de apoio para coas vítimas deste acoso.

Permanente do Secretariado Nacional do STEG

28 de setembro de 2015

SINDICATO STEG MOI PRETO DE TI


A CORUÑA

Rúa Basquiños 52 · Baixo dereita
15702 - Santiago de Compostela
Tfno 981 580 700
Telf: 981 154 031
compostela@steg.gal
corunha@steg.gal

Ver en Google Maps

 

LUGO

R/ Conde nº 31 · Entresollado esquerda.
27003 · Lugo
Tfno. 982 240 066
lugo@steg.gal

Ver en Google Maps
 

OURENSE

R/ Bedoya 5 · 2º dereita. 32004 · Ourense
Tfno 988 252 323
ourense@steg.gal

Ver en Google Maps
 

PONTEVEDRA

Avenida da Florida 42, oficina 4 (entresollado)
36210 · Vigo
Tfno. 986 857 545
pontevedra@steg.gal

Ver en Google Maps
 
STEG Sindicato de traballadoras e traballadores de ensino de Galiza