Desde o STEG poñemos en marcha o curso «Programación de FP para as oposicións», unha formación especialmente dirixida ao profesorado de Formación Profesional que estea a preparar os procesos selectivos.
Trátase dun curso presencial de 30 horas, impartido por Marta Santos Pérez, cun grupo reducido dun máximo de 12 participantes, para facilitar unha formación práctica e personalizada. Terá lugar no CSC Santa Marta, en Santiago de Compostela, un venres ao mes, en horario de 17:00 a 20:00 h, entre o 25 de setembro e o 11 de xuño.
Ao longo do curso traballaremos aspectos fundamentais para afrontar a programación nas oposicións:
Data límite de inscrición: 25 de setembro.
Só 12 prazas, adxudicadas por orde de inscrición.
Inscrición e máis información: i.gal/FPSTEG
Prezo:
270 € para persoas afiliadas ao STEG
540 € para persoas non afiliadas
En dous pagamentos: primeiro pago en setembro, segundo pago en febreiro
Horario das sedes:
10.00h-14:00h (Atención presencial e con cita previa)
16.00h-19:00h (Atención telefónica e con cita previa)
R/ Bedoya 5 · 2º dereita. 32004 · Ourense
Tfno 988 252 323
ourense@steg.gal
Ver en Google Maps