STEG ó día · STEG opina

19-12-2011

Que retiren ao Valedor do Pobo

A polémica xerada ao redor da denuncia de UPyD ante o Valedor do Pobo solicitando a retirada do libro da editorial Vicens Vivens de Coñecemento do Medio de 5º de Primaria por non citar ao castelán como lingua oficial ao mesmo tempo que a lingua propia de Galiza evidencia a estratexia do discurso da “imposición” fronte ao da liberdade, representada ésta neste caso, supostamente, pola “obxectividade” na presentación do artigo 5. do Estatuto de Autonomía.

Que o Valedor do Pobo solicite a retirada dun libro por "información inexacta e incompleta e, polo tanto, falsa", cando na páxina anterior á da polémica cítase explícitamente o estatuto xurídico do castelán conforme á Constitución tanto en Galiza como no resto do estado, acusando ao libro de “carecer do rigor científico imprescindible”, leva ao STEG a solicitar a dimisión do Valedor por ofrecer unha “información inexacta e incompleta, e polo tanto, falsa” sobre o contido do libro ao redor  dun tema tan fundamental para o pobo ao que debe defender como é a nosa lingua propia. As declaracións do Valedor carecen, asemade, do “rigor científico imprescindible” ao afirmar que a información dada polo artigo 5.1 do noso Estatuto de Autonomía é inexacta, revelando, sen dúbida, o que subxace a esta polémica intereseira…hai a quen lle escoce a definición do galego como lingua propia, interesados ou interesadas como están en reescribir a historia do país e da lingua.

Desde o STEG solicitamos,a retirada de Benigno López á fronte dunha institución que debe representar a todo o pobo galego, e non estar, xa que logo, ao servizo das e dos que alimentan a persecución do noso idioma.

Enlace ás páxinas do libro

Enlace ao comunicado da CGENDL

SINDICATO STEG MOI PRETO DE TI


A CORUÑA

Rúa Basquiños 52 · Baixo dereita
15702 - Santiago de Compostela
Tfno 981 580 700
Telf: 981 154 031
compostela@steg.gal
corunha@steg.gal

Ver en Google Maps

 

LUGO

R/ Conde nº 31 · Entresollado esquerda.
27003 · Lugo
Tfno. 982 240 066
lugo@steg.gal

Ver en Google Maps
 

OURENSE

R/ Bedoya 5 · 2º dereita. 32004 · Ourense
Tfno 988 252 323
ourense@steg.gal

Ver en Google Maps
 

PONTEVEDRA

Avenida da Florida 42, oficina 4 (entresollado)
36210 · Vigo
Tfno. 986 857 545
pontevedra@steg.gal

Ver en Google Maps
 
STEG Sindicato de traballadoras e traballadores de ensino de Galiza