Restablécense provisionalmente os temarios anteriores
Derrogadas as Ordes que regulan os novos temarios
A intención manifesta do Ministeriro de Educación de modificar o modelo de acceso á función docente, unido ao feito de que a meirande parte das administracións secundasen a recomendación do Ministerio de non convocar oposicións, son os argumentos esgrimidos para derrogar os novos temarios aprobados polas distintas Ordes do 15 de novembro de 2011. Restablécese provisionalmente a vixencia dos temarios que rexían os procesos selectivos convocados ata este momento.
Orde ECD/191/2012 (BOE 07/02/2012)