STEG ó día · Mobilizacións · Outras Mobilizacións

STEG estivo na Marcha contra as VIOLENCIAS MACHISTAS

Presencia na marcha en Madrid, o 7N

O STEG estivo o pasado sábado en Madrid na Marcha do 7n en CONTRA DAS VIOLENCIAS MACHISTAS, foi un acontecemento histórico dentro do feminismo porque máis de 350 organizacións puxémonos de acordo para convocar unha marcha que finalmente encheu a Gran vía, e o  Paseo do Prado con bastantes máis de cen mil persoas.

Foron meses de debate no que cada acción , cada manifesto, cada declaración foi debatida polo miúdo para que cada organización feminista do estado que quixera estar non se sentira excluída. Foi ademais un fenómeno novidoso dentro do feminismo porque a acción nas redes  fixo que foramos varias veces TT. Meses de traballo aos que a prensa nin o goberno non lle deron o suficiente valor nin publicidade.
Unha vez máis a cidadanía berrou masivamente contra un problema que debe ser considerado como unha cuestión de estado, e eles seguen actuando, unha vez máis, en contra do sentir da cidadanía.

O traballo das organizacións feministas do 7n non quere rematar nesta marcha histórica, seguimos organizadas para demandar dos partidos políticos  inclúan nos seus programas e cumplan os acordos tomados entre todas nestes meses de traballo:

  • Que a loita contra o terrorismo machista sexa unha cuestión de estado.
  • Que se desenvolva e implemente o Convenio de Estambul e o cumprimento das recomendacións da CEDAW, e se reforme a lei 1/2004 para que estean reflexadas todas as formas de violencia contra as mulleres
  • Que toda a sociedade e a súas organizacións e institucións se comprometan nesta loita.
  • Que a loita e os recursos inclúan tanto a violencia que exerce a parella ou exparella como as agresións sexuais, o acoso sexual no ámbito laboral, a trata con fins de explotación sexual/laboral de mulleres e nenas e todas as violencias machistas.
  • Que todas as instancias de goberno se comprometan realmente na prevención e erradicación das violencias machistas, así como na asistencia e reparación de todas as mulleres en situación de violencia, independentemente da situación administrativa na que se atopen as mulleres.
  • Que o acento se poña na protección das afectadas, facilitando diferentes saídas que impliquen unha verdadeira recuperación vital, económica e social delas así como dos seus fillos e fillas.
  • Que a prevención sexa unha política prioritaria, que inclúa un sistema coeducativo en todos os ciclos, a formación específica para todo o persoal profesional que interrvén nos procesos, os medios de comunicación, a produción cultural e a a sociedade civil na loita contra as violencias machistas.
  • Que os medios de comunicación se comprometan a facer un tratamento axeitado das diferentes violencias machistas, visibilizándolas, evitando o sensacionalismo morboso no seu tratamento e utilizando unha linguaxe e unhas imaxes non sexistas.
  • A eliminación da custodia compartida imposta e réxime de visitas aos menores dos maltratadores condenados. A retirada e non cesión da patria potestade aos maltratadores.

Seguimos traballando en contra das diferentes violencias que se exercen contra as mulleres. NOS QUEREMOS VIVAS!!!



SINDICATO STEG MOI PRETO DE TI


A CORUÑA

Rúa Basquiños 52 · Baixo dereita
15702 - Santiago de Compostela
Tfno 981 580 700
Telf: 981 154 031
compostela@steg.gal
corunha@steg.gal

Ver en Google Maps

 

LUGO

R/ Conde nº 31 · Entresollado esquerda.
27003 · Lugo
Tfno. 982 240 066
lugo@steg.gal

Ver en Google Maps
 

OURENSE

R/ Bedoya 5 · 2º dereita. 32004 · Ourense
Tfno 988 252 323
ourense@steg.gal

Ver en Google Maps
 

PONTEVEDRA

Avenida da Florida 42, oficina 4 (entresollado)
36210 · Vigo
Tfno. 986 857 545
pontevedra@steg.gal

Ver en Google Maps
 
STEG Sindicato de traballadoras e traballadores de ensino de Galiza