Profesorado · Profesorado interino · Información general

Si a un proceso de estabilidade. Non a máis parches

Addenda 2010

O STEG no seu momento non asinou o acordo de 1995 por entender que estabamos a falar dun acordo de colocación e non de estabilidade. Acordo de estabilidade que solicitamos en innumerábeis ocasións (febreiro de 2007: entrevistas cos grupos parlamentares; 25 de outubro de 2007: solicitude presentada por rexistro ao Secretario Xeral; 15 de setembro de 2009: solicitude presentada por rexistro ao Dir Xeral, Sr. Pinal).

Entendemos que algúns puntos desta Addenda deben ser introducidos para actualizala coa LOE (caso da formación pedagóxica e didáctica –máster-) ou por sentenzas xudiciais que lle obrigan a separar algunhas das listas. O que non comparte o STEG é a forma: parcheando unha lexislación que non ten o aval da maioría da mesa e non aproveitando a ocasión para facer unha aposta clara por solucionar a situación de precariedade laboral, iniciando a negociación que remate cun acordo de estabilidade para o profesorado interino.

Neste sentido o STEG non avalará un acordo de colocación que supoña, como a experiencia demostra, a perda do posto de traballo do profesorado.

O que si conseguiu o STEG durante a negociación é que se incluíra, nesta Addenda, a problemática das interinidades/substitucións das mulleres embarazadas, así como os homes que deban facer uso do permiso de paternidade, conseguida e incluída, grazas ao STEG, na Orde do 7 de abril de 2008 de permisos e licencias.

A administración segue negándose a abrir un proceso de estabilidade para o profesorado interino alegando que “non é o momento”. O STEG ve que non houbo momento desde o 95 e que non se debe ver como un problema orzamentario senón como a solución a un problema que creou a propia Administración. É a súa responsabilidade solucionalo.

Addenda 2010

SINDICATO STEG MOI PRETO DE TI


A CORUÑA

Rúa Basquiños 52 · Baixo dereita
15702 - Santiago de Compostela
Tfno 981 580 700
Telf: 981 154 031
compostela@steg.gal
corunha@steg.gal

Ver en Google Maps

 

LUGO

R/ Conde nº 31 · Entresollado esquerda.
27003 · Lugo
Tfno. 982 240 066
lugo@steg.gal

Ver en Google Maps
 

OURENSE

R/ Bedoya 5 · 2º dereita. 32004 · Ourense
Tfno 988 252 323
ourense@steg.gal

Ver en Google Maps
 

PONTEVEDRA

Avenida da Florida 42, oficina 4 (entresollado)
36210 · Vigo
Tfno. 986 857 545
pontevedra@steg.gal

Ver en Google Maps
 
STEG Sindicato de traballadoras e traballadores de ensino de Galiza