Secretaría da Muller · Comunicados

Traballo da Organización de Mulleres durante o curso 21-22

Remate de curso

Un ano máis remata o  curso e a Organización de Mulleres da CI continuou co seu traballo a prol da igualdade con todos os sindicatos que forman a Confederación Intersindical.

Comezamos setembro de 2021 preparando o material para o 25N (Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller): unidades didácticas, manifesto e cartaz. Un ano máis concienciando de que: “si existe a violencia machista” “si nos matan” “si nos agriden” “si nos violan”… O noso lema foi: “Fartas, pero imparábeis!”.

En xaneiro de 2022 comezaron as presentacións polos diferentes territorios do Estado do noso calendario: “Tempo de Mulleres, Mulleres no Tempo. Mulleres no Cine 2022”. Este calendario foi froito dun ano de teletraballo por mor do COVID-19, coa complexidade que isto supón en certos momentos laborais. A deseñadora deste calendario foi Inés Ávalos Vílchez. A presentación oficial realizouse o  13 de xaneiro de 2022 en Alicante.

En xaneiro do 2022 tamén iniciamos o traballo do vindeiro calendario para o ano 2023: temática, ilustradora, actividades coeducativas e mulleres representativas para esa nova temática, e así,  actualmente está xa  preparándose para a nova edición. Chegará  ao maior número posible de centros educativos, dado que contén actividades didácticas dirixidas a todas as etapas educativas, pero tamén a espazos non educativos, como asociacións, plataformas e organizacións feministas, que o soliciten.

Traballamos o 8M coa nosa revista “El Clarión” que inclúe artigos dende varios sectores dos sindicatos que forman a Confederación Intersindical, aportando dende a OM as actividades coeducativas e o manifesto deste día. Este ano decidimos que o lema estivera relacionado coa temática do calendario: “Dirixe o teu filme con guión feminista”.

Como todos os anos escribimos comunicados en relación a datas sinaladas para as mulleres e ademais fóronse engadindo os comunicados de actualidade que se consideraron necesarios para defender a liberdade e igualdade para as mulleres.

As nosas Xornadas de Formación tiveron lugar na illa canaria de la Palma para poder aportar o noso gran de area a esa illa que atravesa un momento tan complicado trala erupción do volcán. Xuntámonos cen mulleres que levábamos dous anos sen poder compartir espazos nin experiencias.

Participamos en varias Plataformas: PPiiNA y CEDAW (nacionais), ETUCE (plataforma europea para a calidade na educación), na Plataforma Internacional da Educación, en ONU Mulleres, tamén internacional. Tamén este ano fixemos achegas á Mesa de Coidados , proxecto que está a punto de ser publicado polo Goberno e que agardamos que se desenvolva  con efectividade e éxito porque é un tema moi importante para chegar á equidade entre homes e mulleres.

Aplaudimos as novas leis publicadas polo Goberno en cuestións do aborto, mellora en os dereitos das empregadas do fogar e baixas por enfermidade en períodos menstruais dolorosos. Tamén criticado rotundamente as opinións de certos e certas políticas de dereitas e ultradereitas que atacaron directamente os dereitos das mulleres e obviaron a violencia machista, que mata a moitas mulleres todos os anos.

A Organización de Mulleres non podería existir sen a estupenda labor que todas as compañeiras realizan nos seus territorios, porque é importante a coordinación e a organización do traballo, pero sen todas esas mulleres que compoñen a OM non sería posíbel chegar a todo o que facemos. Así que, moitas grazas a estas compañeiras!

O noso traballo neste curso académico amosa perfectamente que a nosa organización está e seguirá estando na loita feminista, e apostando por un modelo coeducativo que eduque na igualdade, no respecto e na paz, ás novas xeracións. Así continuará o noso labor e participación en todos aqueles sectores que configuran a Confederación Intersindical. Esperamos iniciar o vindeiro curso igual que o fixemos todos os anos, coa ilusión de poder cambiar a estrutura patriarcal deste mundo.

 

“Mulleres do mundo, abrazádevos a min e dádeme a vida que ás veces non teño. Abrazádevos moi forte e camiñemos xuntas cara á Terra Prometida. E non volvades o rostro atrás para que ninguén poida converternos en estatuas de sal”

 Elsa López, fragmento do texto “Mujeres” do libro “Ellas”.

SINDICATO STEG MOI PRETO DE TI


A CORUÑA

Rúa Basquiños 52 · Baixo dereita
15702 - Santiago de Compostela
Tfno 981 580 700
Telf: 981 154 031
compostela@steg.gal
corunha@steg.gal

Ver en Google Maps

 

LUGO

R/ Conde nº 31 · Entresollado esquerda.
27003 · Lugo
Tfno. 982 240 066
lugo@steg.gal

Ver en Google Maps
 

OURENSE

R/ Bedoya 5 · 2º dereita. 32004 · Ourense
Tfno 988 252 323
ourense@steg.gal

Ver en Google Maps
 

PONTEVEDRA

Avenida da Florida 42, oficina 4 (entresollado)
36210 · Vigo
Tfno. 986 857 545
pontevedra@steg.gal

Ver en Google Maps
 
STEG Sindicato de traballadoras e traballadores de ensino de Galiza