STEG ó día · Mobilizacións · Marchas da Dignidade

Trens a Madrid para a manifestación do 27 de maio

MARCHAS DA DIGNIDADE




Como sabedes, o día 27 de maio está prevista unha gran manifestación en Madrid das "Marchas da dignidade" e, como tamén sabedes, estamos organizando unha columna galega para engrosar ás que chegarán a Madrid deste distintos territorios do Estado. A manifestación será as 17:00 horas do día 27.

Para a viaxe negociouse con Renfe para que nos puxeran un tren desde Galiza ata Madrid.

Temos pechado un tren charter que sairía desde Ourense ás 09:00 horas do día 27.
Ata Ourense chegarían dous trens:



- o tren norte sae da Coruña o día 27 ás 07.30am, para en Compostela ás 08.00am e chega a Ourense ás 09.00am.

- o tren sur sae de Ourense ás 09.00 e as comarcas de Pontevedra, Vigo e Morrazo, porán autobuses para estar alí a esa hora.

 En Ourense o Tren Norte xúntase co do sur, e marchan xuntos ata Madrid para chegar sobre ás 14.00 a Chamartín.

 Á volta, o tren sairía de Madrid ás 22:00h, chegaría a Ourense ás 02:45h, a Compostela ás 03:30h, a Coruña ás 04:00h, e o bus a Pontevedra, Vigo e O Morrazo, sairía dende Ourense chegando a destino arredor das 04:00 horas tamén.

Hai contratadas 520 prazas e hai que pagalas por anticipado, así que os cartos terían que estar recadados para o día 20 de maio (data límite).
O prezo é de 50 euros por persoa.
Se queredes facer a viaxe, necesitamos que nolo fagades saber á maior brevidade o para organizar toda a infraestrutura e o adianto dos cartos, previa recepción do cupón-billete, contactando coa vosa sede provincial do STEG.


                                                                                                              
                                                                                                                      

SINDICATO STEG MOI PRETO DE TI


A CORUÑA

Rúa Basquiños 52 · Baixo dereita
15702 - Santiago de Compostela
Tfno 981 580 700
Telf: 981 154 031
compostela@steg.gal
corunha@steg.gal

Ver en Google Maps

 

LUGO

R/ Conde nº 31 · Entresollado esquerda.
27003 · Lugo
Tfno. 982 240 066
lugo@steg.gal

Ver en Google Maps
 

OURENSE

R/ Bedoya 5 · 2º dereita. 32004 · Ourense
Tfno 988 252 323
ourense@steg.gal

Ver en Google Maps
 

PONTEVEDRA

Avenida da Florida 42, oficina 4 (entresollado)
36210 · Vigo
Tfno. 986 857 545
pontevedra@steg.gal

Ver en Google Maps
 
STEG Sindicato de traballadoras e traballadores de ensino de Galiza