Orientación educativa
UN NOVO CURSO ONDE CONTINUA O DESMANTELAMENTO DA REDE DE ORIENTACIÓN.
· Deseño de accións encamiñadas á prevención das dificultadesO papel que se asigna á orientación é imprescindibel para que funcionen determinados programas como a Diversificación Curricular, PCPI, PROA, e resulta paradoxal que, por un lado se lle encomenden cada vez máis funcións, e por outro se escatime en persoal e non se recoñeza explícitamente o seu labor.
· Impulsar a participación do profesorado en programas de innovación educativa
· Promover a cooperación centro – familias
· Favorecer o proceso orientación vocacional e as transicións nas diferentes etapas e itinerarios educativos
- IES de Quiroga: No curso 2012-2013 adscríbenlle en novembro o CEIP de Quiroga e o CEIP de San Clodio.
- IES Pedregal de Irimia en Meira. En outubro de 2013 adscribíronlle o CEIP de Meira e o CEIP Rosalía de Castro de Pol.
- IES Fonmiñá na Pastoriza: En outubro de 2013 adscríbeselle o CEIP O Salvador na Pastoriza.
- IES Plurilingüe Fontem Albei, na Fonsagrada está sen orientador dende hai 3 anos. Só vai dous días á semana a orientadora do CPI de Cervantes que tamén está compartida co CEIP Ponte de Doiras. O CPI asume do seu presuposto esta quilometraxe.
- CPI de Taboada, no curso 2013-2014 adscríbeselle o CEIP de Portomarín.
- CEIP Lois Tobío, Viveiro (305 alumnas/os) compartido ca EEI San Roque (104 alumnas/os). En outubro de 2013 adscríbenlle o CEIP Plurilingüe de Covas (202 alumnas/os).
- CEIP Pedrosa Latas (Celeiro-Viveiro) compartido co Santa Rita de Galdo (Viveiro) e o CEIP Vicente Casabella de Ourol en outubro de 2013, adscríbenlle o CEIP do Vicedo.
- CEIP Plurilingüe de Covas (Viveiro) ten creada a praza de Xefe de Departamento de Orientación compartida co CEIP do Vicedo. A praza está cuberta por un mestre definitivo que está con un permiso de Servizos Especiais ( por 4 anos) sen substituír.
- CEIP Antonio Pedroso Latas de Celeiro: No curso 2014-2015 dende o Servizo de Inspección propón a Orientadora do centro un dia fixo de presenza no centro independentemente das necesidades que haxa en Ourol porque só hai unha mestra para impartir clase e as nais e pais de alumnas/os están a presionar para que se arranxe esta situación.
- CEIP de Présaras. Concello de Vilasantar (Estrada de Curtis-Melide). Ó CEIP Virxe do Portal en Sobrado (A Coruña) adxudicáronlle o orientador/a no concurso de traslados mais finalmente foi a Orientadora de Teixeiro quen asumiu o centro a pesares de que xa compartía os centros de Curtis, Teixeiro e Présaras.
- IES de Becerreá, adscríbenlle o CEIP San Xoán e o CEIP As Nogais este curso 2014-2015
- O Equipo de Orientación Especifico de LUGO ten dúas prazas sen cubrir correspondentes coa especialista en trastornos Motóricos e o de Trastornos Xeralizados do Desenvolvemento.
- O Equipo de Orientación Especifico de PONTEVEDRA: Ten a praza do especialista en Audición e Linguaxe sen cubrir.
- O Equipo de Orientación Especifico de OURENSE ten dúas prazas sen cubrir, o responsable de Déficits Sensoriais e o de Orientación Vocacional e Profesional.
- O Equipo de Orientación Especifico de A CORUÑA ten dúas prazas sen cubrir que se corresponden coa traballadora Social e o especialista en Audición e Linguaxe.