Con motivo da dedicación do Día das Letras Galegas de 2026 a Begoña Caamaño, a Asemblea de Mulleres do STEG impulsou o podcast Celebrando a Begoña Caamaño, unha proposta pensada para achegar ao alumnado e á comunidade educativa a figura dunha autora imprescindible para comprender a literatura, o feminismo e o pensamento crítico na Galiza contemporánea.
O podcast, conducido por Marga Tojo, reúne distintas voces do ámbito do xornalismo, da literatura e do activismo feminista para analizar as múltiples dimensións da traxectoria vital e intelectual de Begoña Caamaño. Lucía Junquera reflexiona sobre a súa labor xornalística; Pim Patinho aborda a súa faceta como activista feminista; e as escritoras Susana Sánchez Arins e Eli Ríos afondan na relevancia da súa obra literaria e da súa achega ao feminismo e á literatura galega.
O podcast constitúe así un recurso didáctico de grande valor para traballar na aula a figura de Begoña Caamaño desde unha perspectiva interdisciplinar, poñendo en diálogo literatura, feminismo, xornalismo, activismo e defensa da lingua galega.
A Asemblea de Mulleres do STEG quere expresar tamén o seu agradecemento a todas as persoas e entidades que fixeron posible este proxecto: ás participantes polas súas reflexións e achegas; a Sabela Pernas polo traballo técnico e de son; á AGARESO pola cesión dos medios de gravación; e á Casa do Taberneiro por facilitar o espazo de gravación.
O podcast pode escoitarse en:
Celebrando a Begoña Caamaño – Podcast da Asemblea de Mulleres do STEG
A Unidade Didáctica podes descargala AQUÍ
Horario das sedes:
10.00h-14:00h (Atención presencial e con cita previa)
16.00h-19:00h (Atención telefónica e con cita previa)
R/ Bedoya 5 · 2º dereita. 32004 · Ourense
Tfno 988 252 323
ourense@steg.gal
Ver en Google Maps