STEG ó día · Mobilizacións · 1º de Maio

Unir as loitas pola dignidade

1º de maio de 2014

O día 1 de maio é unha data de referencia para todas as persoas e organizacións que, por todo o planeta e tamén na Galiza, loitamos día a día pola democracia, a construción dun mundo máis xusto, a equidade e a xustiza sociais, a redistribución da riqueza, polos servizos públicos universais e de calidade, na defensa das persoas desposuídas, polos dereitos das clases populares e dos traballadores e traballadoras, en definitiva, polo ben común.

Acontece que os poderes e sectores dominantes, sexa en Bruxelas, en Madrid ou en Compostela, de ideoloxía neoliberal e raibosamente capitalistas, perpetran neste instante un ataque feroz contra as maiorías sociais e os seus dereitos e conquistas. Ese ataque brutal e despiadado, que fai recaer os custes da crise en que non ten culpa dela, tradúcese día tras día en numerosas inxustizas: niveis de desemprego masivos, precariedade e deterioro das condicións laborais, EREs continuos, perdas salariais e de dereitos, aumento das desigualdades, deterioro dos servizos sociais, represión, trabas no acceso á sanidade, privatización do dereito á educación, etc.

Semellante agresión, sabémolo, só pode ser freada e contrarrestada na base da sociedade por unha forte e masiva rede de solidariedade, da que as organizacións sindicais debemos ser parte activa e irrenunciábel, xunto con outras moitas expresións da sociedade civil (plataformas, mareas, movementos...). Unha rede, alianza ou unión horizontal e auto-organizada, que sobre a base do respecto mutuo e da asumpción do pluralismo ideolóxico existente no corpo social que loita por unha sociedade igualitaria e democrática, teña a virtualidade de expoñer, canalizar e defender con claridade e eficacia as demandas máis urxentes da maioría social, para forzar mudanzas significativas na actual situación.

Saiamos xuntos e masivamente ás rúas da Galiza o vindeiro 1º de Maio.

POLA XUSTIZA SOCIAL, NON AOS RECORTES.
                              EN DEFENSA DOS NOSOS DEREITOS.

                                                TRABALLO DIGNO NA NOSA TERRA, PARA TODAS E TODOS.


pdf co manifesto
Convite do STEG para unha celebración unitaria

SINDICATO STEG MOI PRETO DE TI


A CORUÑA

Rúa Basquiños 52 · Baixo dereita
15702 - Santiago de Compostela
Tfno 981 580 700
Telf: 981 154 031
compostela@steg.gal
corunha@steg.gal

Ver en Google Maps

 

LUGO

R/ Conde nº 31 · Entresollado esquerda.
27003 · Lugo
Tfno. 982 240 066
lugo@steg.gal

Ver en Google Maps
 

OURENSE

R/ Bedoya 5 · 2º dereita. 32004 · Ourense
Tfno 988 252 323
ourense@steg.gal

Ver en Google Maps
 

PONTEVEDRA

Avenida da Florida 42, oficina 4 (entresollado)
36210 · Vigo
Tfno. 986 857 545
pontevedra@steg.gal

Ver en Google Maps
 
STEG Sindicato de traballadoras e traballadores de ensino de Galiza