Lexislación · Profesorado · PERMISOS E LICENZAS · VACACIÓNS

Vacacións do persoal funcionario docente

Art. 29º-

Vixésimo noveno.- Vacacións do persoal funcionario docente

1. O persoal funcionario ten dereito, por ano completo de servizos, a vacacións retribuídas de, como mínimo, vinte e dous días hábiles anuais, ou dos días que correspondan proporcionalmente se o tempo de servizos efectivos durante o ano fose menor. Non obstante, o persoal funcionario terá dereito ao gozo dos seguintes días de vacacións, por ano completo de servizos, ao completar os anos de antigüidade que a continuación se indican:
  • Quince anos de servizo: vinte e tres días hábiles.
  • Vinte anos de servizo: vinte e catro días hábiles.
  • Vinte e cinco anos de servizo: vinte e cinco días hábiles.
  • Trinta ou máis anos de servizo: vinte e seis días hábiles.
– Cando o persoal funcionario non complete o ano de servizos terá dereito aos días de vacacións que lle correspondan proporcionalmente ao tempo de servizos efectivos prestados.

2. Para estes efectos non se considerarán como días hábiles os sábados.

3. O persoal funcionario docente gozará das súas vacacións nos períodos non lectivos e, preferentemente, no mes de agosto e, se fose o caso, nos días do mes de xullo que procedan.

4. Cando as situacións do permiso de parto, por adopción ou acollemento, por lactación, ou do outro proxenitor por nacemento, acollemento ou adopción dun fillo, risco durante a lactación, risco durante o embarazo ou incapacidade temporal impidan iniciar o gozo das vacacións dentro do ano natural a que corresponden, ou unha vez iniciado o período vacacional sobreviñese unha das ditas situacións, o período vacacional poderase gozar aínda que tivese rematado o ano natural a que correspondan e sempre que non transcorresen máis de dezaoito meses a partir do final de ano en que se orixinasen as ditas vacacións.

5. Sen prexuízo do anterior, cando as funcionarias ou funcionarios docentes estean ou inicien o permiso por parto, por adopción ou acollemento, por lactación, ou do outro proxenitor por nacemento, acollemento ou adopción dun fillo, no transcurso do mes de agosto, non se considerará que gozaron das vacacións durante o mes de xullo, polo que terán dereito aos días de vacacións que correspondan, segundo a data de inicio ou de finalización do permiso.

SINDICATO STEG MOI PRETO DE TI


A CORUÑA

Rúa Basquiños 52 · Baixo dereita
15702 - Santiago de Compostela
Tfno 981 580 700
Telf: 981 154 031
compostela@steg.gal
corunha@steg.gal

Ver en Google Maps

 

LUGO

R/ Conde nº 31 · Entresollado esquerda.
27003 · Lugo
Tfno. 982 240 066
lugo@steg.gal

Ver en Google Maps
 

OURENSE

R/ Bedoya 5 · 2º dereita. 32004 · Ourense
Tfno 988 252 323
ourense@steg.gal

Ver en Google Maps
 

PONTEVEDRA

Avenida da Florida 42, oficina 4 (entresollado)
36210 · Vigo
Tfno. 986 857 545
pontevedra@steg.gal

Ver en Google Maps
 
STEG Sindicato de traballadoras e traballadores de ensino de Galiza