STEG ó día · STEG opina

26-06-2015

Vaise o Ministro peor valorado da historia

Relevo no Ministerio de Educación, Cultura e Deporte

O STEG pide ao novo ministro que cambie a política educativa para mellorar o ensino.

 

 

Ao novo ministro de Educación, Iñigo Méndez de Vigo, pedímoslle que inicie o seu mandato coa apertura de canles de comunicación coa comunidade educativa, dando un cambio radical ás nefastas políticas que se veñen aplicado, se non quere ser un mero continuador das levadas a cabo polo seu antecesor no cargo.

Pese ao pouco tempo que terá de mandato, pode facer cambios significativos na política educativa do MEC. Podería empezar por reunir á Conferencia Sectorial de Educación, escoitar o que di a maioría de Comunidades do Estado e paralizar a aplicación da LOMCE; hai razóns técnicas e, as máis importantes, de mellora da calidade do ensino que fan necesaria esta medida.

E tamén reunir á Mesa de Negociación de Educación e falar coa representación do profesorado e acordar a derrogación do Real Decreto 14/2012 de Medidas Urxentes de Racionalización do Gasto Público no Ámbito Educativo (o dos recortes, o que subiu as ratios e as horas lectivas...), o Real Decreto que empeorou as condicións nas que o alumnado recibe as súas clases e nas que o profesorado as imparte, e que propiciou durante a época Wert o despedimento de preto de 40.000 profesoras e profesores en todo o Estado.

E cambiar a política universitaria, empezando polas becas, a acreditación do profesorado, acabando coa facilidade para crear universidades privadas... Aplicando medidas para recuperar aos máis de 80.000 mozos e mozas que abandonaron os estudos universitarios.

O STEG, que non confía nas políticas do PP, pero si confía en que as loitas destes anos e os resultados electorais que vai cosechando o PP lles fagan reformularse as súas políticas e as súas actuacións e comecen polo Ministerio de Educación, Ministerio que ten a dubidosa honra de manter á súa fronte durante tres anos e medio ao Ministro peor valorado da historia.

 

 

 

Permanente do Secretariado Nacional do STEG
26 de xuño de 2015

 

SINDICATO STEG MOI PRETO DE TI


A CORUÑA

Rúa Basquiños 52 · Baixo dereita
15702 - Santiago de Compostela
Tfno 981 580 700
Telf: 981 154 031
compostela@steg.gal
corunha@steg.gal

Ver en Google Maps

 

LUGO

R/ Conde nº 31 · Entresollado esquerda.
27003 · Lugo
Tfno. 982 240 066
lugo@steg.gal

Ver en Google Maps
 

OURENSE

R/ Bedoya 5 · 2º dereita. 32004 · Ourense
Tfno 988 252 323
ourense@steg.gal

Ver en Google Maps
 

PONTEVEDRA

Avenida da Florida 42, oficina 4 (entresollado)
36210 · Vigo
Tfno. 986 857 545
pontevedra@steg.gal

Ver en Google Maps
 
STEG Sindicato de traballadoras e traballadores de ensino de Galiza