
O luns 21 de setembro ás 20:00h organizamos unha webinar sobre as Programacións Didácticas en Formación Profesional de cara ás oposicións. Terá unha duración aproximada dunha hora, e na mesma recibirás claves para o deseño da programación da FP, sobre o funcionamento da aplicación do PROENS, ou sobre como interpretar a rúbrica do decreto das oposicións.
Será unha webinar ABERTA A TODO O PROFESORADO . Podes facer a túa inscrición en: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfbZilgovjcpGObJp12JXe31Wz1DLrIpD8_O01MGC4H_xAlKg/viewform
Ao final do cuestionario, recibirás unha mensaxe de confirmación xunto coa ligazón de acceso á mesma. É MOI IMPORTANTE QUE COPIES ESTA LIGAZÓN PARA PODER CONECTARTE O LUNS xa que non imos enviarcha por mail.
A persoa encargada da presentación será Marta Santos Pérez, profesora con ampla experiencia en FP, profunda coñecedora da programación neste nivel educativo e que impartiu numerosas formacións sobra a cuestión en cursos anteriores.
Horario das sedes:
10.00h-14:00h (Atención presencial e con cita previa)
16.00h-19:00h (Atención telefónica e con cita previa)
R/ Bedoya 5 · 2º dereita. 32004 · Ourense
Tfno 988 252 323
ourense@steg.gal
Ver en Google Maps