STEG ó día · Publicacións/Recursos · Recursos para traballar a alternativa á relixión

Xogos de comunicación e debate. Debates sobre temas de actualidade. Democracia paritaria

Son xogos que buscan estimular a comunicación entre os/as participantes, intentan romper a unidireccionalidade da comunicación verbal, pretenden favorecer a escoita activa na comunicación verbal e, por outra parte, buscan estimular y ensinar as claves da comunicación non -verbal. Xogos de expresión, de debate e de retórica, de argumentación e de redacción. 

Debates sobre temas de actualidade. Esta proposta pretende fomentar o análise crítico e o debate sobre cuestións que susciten controversia no mundo actual e que se relacionen con situacións que, en maior ou menor medida, afecten ao alumnado. Trátase de que os estudantes se documenten, poñan en común as súas opinións e as razoen mediante a realización de debates ou outras actividades nas que deban contrastar os seus criterios e argumentos cos de outras persoas. 

Exemplo de temas:
Democracia paritaria: Búsqueda de información sobre a participación na política de mulleres e homes, así como o análise crítico sobre o papel das mulleres na vida social e especialmente no ámbito da política. Preténdese que o alumnado coñezan e emitan xuízos de valor baseados en razóns, experiencias e datos sobre o protagonismo das mulleres no exercicio da actividade política ou en calquera outro aspecto ou ámbito da vida pública.

Consumismo: Os obxectivos desta proposta son reflexionar sobre os padróns de consumo da nosa sociedade e analizar as consecuencias medioambientais e sociais do noso consumo. Actividades previas ao debate.

SINDICATO STEG MOI PRETO DE TI


A CORUÑA

Rúa Basquiños 52 · Baixo dereita
15702 - Santiago de Compostela
Tfno 981 580 700
Telf: 981 154 031
compostela@steg.gal
corunha@steg.gal

Ver en Google Maps

 

LUGO

R/ Conde nº 31 · Entresollado esquerda.
27003 · Lugo
Tfno. 982 240 066
lugo@steg.gal

Ver en Google Maps
 

OURENSE

R/ Bedoya 5 · 2º dereita. 32004 · Ourense
Tfno 988 252 323
ourense@steg.gal

Ver en Google Maps
 

PONTEVEDRA

Avenida da Florida 42, oficina 4 (entresollado)
36210 · Vigo
Tfno. 986 857 545
pontevedra@steg.gal

Ver en Google Maps
 
STEG Sindicato de traballadoras e traballadores de ensino de Galiza