STEG ó día · Campañas · Contra a extinción do PTFP derivado la LOMLOE

Xuntanzas cos representantes políticos: PSOE, PP, BNG

Contra a extinción do corpo de PTFP

O sindicato STEG, da man da nosa compañeira Maica Couto e o compañeiro José Ángel Sánchez, reuniuse hoxe, día 14 de xaneiro, ás 11:00 h. da mañá no Parlamento Galego con Luis Álvarez Martínez, portavoz de Educación do grupo parlamentario socialista para abordar a temática sobre o profesorado PTFP que podería verse afectado pola LOMLOE.

Na reunión, que se prolongou por espazo de case unha hora, o STEG expuxo a situación na que se encontra unha parte moi importante deste profesorado e a necesidade de encontrar unha saída que garanta os seus dereitos laborais e a calidade do ensino público.

Recentemente o STEG obtivo resposta por escrito da Consellería de Educación á petición realizada de información ao respecto de canto profesorado galego correspondente ao corpo do profesorado técnico de formación profesional non tería a titulación que garantise a súa incorporación ao corpo unificado que prevé a proposta de lei da LOMLOE. A Consellería informou de que hai 991 persoas funcionarias de carrreira que non dispoñen de dita titulación, número ao que habería que sumar 452 persoas interinas na mesma situación.

Para tratar esta problemática, unha representación do STEG encabezada pola nosa compañeira de Compostela, Maica Couto (profesora técnica de FP e secretaría de Confederación), reuniuse en persoa o día 22 de decembro con José Luís Mira Lema, director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

En total, 1443 persoas que poderían ver diminuídos seriamente os seus dereitos como traballadoras e traballadores do ensino, se a proposta de lei da LOMLOE non é desenvolta e implementada do xeito que o STEG defende. Trasladounos que a nova lei tentaba dar resposta a unha reivindicación histórica (a unificación dos corpos), e que agora no desenvolvemento farían o posible para avanzar nesta problemática. Comparten a opinión de que non se pode prescindir destas especialidades afectadas, e pediunos as solucións que planteamos para trasladarllas ao responsábel de Educación do PSOE en Madrid.

Que é o que plantea o STEG para resolver esta situación?
1. Que as persoas funcionarias de carreira pertencentes na actualidade ao corpo de profesoras/es técnica/os de formación profesional que posúan as titulacións previstas no artigo 95 ou aquelas que se habiliten xomo equivalentes en atención ao disposto na D.A Novena, sexan asimiladas de xeito “automático” no corpo de profesorado de secundaria.

2. Habilitar vía Real Decreto polo que se regula o acceso ao corpo docente de titulacións habilitantes, aquelas especialidades nas que non exista oferta pública abondo de grao universitario ou equivalente con suficiente implantación nos territorios e no tempo.

3. A LOMLOE outorga carácter de excepcionalidade á figura da profesora/or especialista, cinguíndose as necesidades do sistema. A tal efecto, e dada a grave precarización que supón esta figura, incídese que non se poidan cubrir con esta figura ningunha das especialidades do profesorado técnico de formación profesional.

4. Establecer as medidas correctoras necesarias para dar garantía de que ningunha docente interina á entrada en vigor da LOMLOE, se vexa afectada de maneira negativa polos cambios normativos introducidos por esta norma, xa que isto suporía a perda de docentes cualificadas e con experiencia
O STEG inicia a rolda de contactos con todas as forzas políticas para encontrar unha saída á situación das nosas compañeiras/os PTFP. 

O STEG continuando coa súa rolda de contactos, reuniuse o venres día 15 no Parlamento Galego, co Partido Popular. Alí expuxo a situación dunha parte importante do profesorado técnico de Formación Profesional e fixo fincapé nas medidas que, ao seu parecer, son necesarias para resolver a súa situación ao abeiro da LOMLOE, a nova lei de educación. Nesta reunión, o Partido Popular comprometeuse a facer unha PNL (Proposta non de lei) para a adopción de medidas ao respecto que eviten a extinción dun número moi importante de especialidades de FP para as que non hai oferta pública de formación e que implicaría a perda de dereitos de case dúas mil traballadoras e traballadores do sistema educativo galego.

     
O luns, día 18, Maica Couto e Pepe Ángel Sánchez, reuníronse co BNG no Parlamento para incidir nesta mesma cuestión e buscar vías que poidan contribuír a resolver esta problemática.







O BNG coincidiu co STEG en que o problema ten unha dobre vertente, unha laboral e outra educativa. Mercedes Queixas, en representación do partido nacionalista, sinalou que estas especialidades non poden desaparecer das habilitadas para a docencia e pensan que a lei ten problemas graves na súa redacción.

Con esta reunión péchase polo momento a rolda de contactos políticos iniciada a semana pasada na xuntanza co PsdeG e agora o STEG tentará manter encontros cos responsábeis das universidades galegas.

SINDICATO STEG MOI PRETO DE TI


A CORUÑA

Rúa Basquiños 52 · Baixo dereita
15702 - Santiago de Compostela
Tfno 981 580 700
Telf: 981 154 031
compostela@steg.gal
corunha@steg.gal

Ver en Google Maps

 

LUGO

R/ Conde nº 31 · Entresollado esquerda.
27003 · Lugo
Tfno. 982 240 066
lugo@steg.gal

Ver en Google Maps
 

OURENSE

R/ Bedoya 5 · 2º dereita. 32004 · Ourense
Tfno 988 252 323
ourense@steg.gal

Ver en Google Maps
 

PONTEVEDRA

Avenida da Florida 42, oficina 4 (entresollado)
36210 · Vigo
Tfno. 986 857 545
pontevedra@steg.gal

Ver en Google Maps
 
STEG Sindicato de traballadoras e traballadores de ensino de Galiza