Quen somos · Afíliate

Afíliate

AFÍLIATE AO STEG

Cota mensual
  · 10€  persoas que traballan
  · 5€  para as paradas/os e xubiladas/os

Cóbrase trimestralmente e por adiantado nas datas
1 de xaneiro, 1 de abril, 1 de xullo e 1 de outubro
Solicitude de Afiliación Online Cubre os datos e preme enviar.
Formato Word Preme aquí para cubrir a ficha no ordenador. Despois imprímea e mándaa a calquera das nosas sedes.
Formato PDFAquí podes imprimir a ficha e cubrila a man.

 

PRIMEIRAS RESPOSTAS A DEZ CUESTIÓNS BÁSICAS

1. ¿Por que?
Pois porque este é un proxecto aberto e plural, menos vertical e máis participativo; para empezar a traballar connosco só tes que querer.
Mira a nosa páxina web, podes comprobar que pretendemos que sexa un portal de información e posibilidades para as traballadoras e traballadores do ensino público.

2. ¿O de "ti decides" paréceche un reclamo moi visto?
Pretendemos que non se quede en propaganda na medida en que o talante e o estilo sexan exactamente eses: procurar a axuda e colaboración de toda a afiliación baixo unha forma de organización asemblearia que fai posible a participación directa.

3. Como, ¿que iso é un fracaso?
Efectivamente, fracasa cada día que non somos quen de conectar coas necesidades e intereses da nosa afiliación, pero ten éxito cada vez que un grupo nos xuntamos coa intención de mellorar o ensino e o noso traballo diario.

4. ¿Que a xente só quere un sindicato que lle solucione problemas?
Solucionar problemas non debe significar descontos no supermercado. Como sindicato temos que reclamar que se valore o ensino público como merece e xustificar ante a sociedade o recoñecemento salarial e a mellora das condicións de traballo para que o ensino público sexa un exemplo de pluralidade e calidade.

5. ¿Que os sindicatos somentes crean problemas?
Como somos traballadoras e traballadores os problemas xa están aí, ante nós. Problemas para os que non temos solución definitiva que non sexa a de ila procurando pouco a pouco e en cada circunstancia, esixindo a implicación de quen ten as responsabilidades en cada momento.

6. ¿Que cantos somos logo para poder incidir nas solucións?
Entendemos que a cuestión é máis cualitativa que cuantitativa, aínda que nos parece básico como traballadoras e traballadores do ensino estarmos organizados como colectivo laboral para actuar socialmente: se aquí estamos 500 e alí 1.500, ¡estupendo!: xa somos 2.000 persoas organizadas, con capacidade ben diferente que se cada quen vai cos seus problemas por separado.

7. ¿Preguntas pola ideoloxía do sindicato?
Pretende ser solidario e progresista, coidando a pluralidade. Mantén unha total autonomía a respecto das forzas políticas, da Administración e de calquera poder externo, financiado unicamente coas cotas de afiliación. No STEG non hai cargos unipersoais e as decisións tómanse colectivamente.

8. En efecto, unha cousa son as ideas e outra os feitos.
Como colectivo que somos composto por persoas, as aportacións e propostas van ser diferentes, pero dámoslle estremado valor ao consenso e ao diálogo, a explorar fórmulas novas, a procurar acordos e proxectos comúns que fuxan dos dogmas, enxergando a realidade con mentalidade aberta e analizando todos os puntos de vista.

9. ¿E para o Ensino?
Mantemos a necesidade de avanzar cara a un sistema escolar galego integrado e integrador, democrático, laico, coeducativo e de calidade para toda a cidadanía, motor de innovación e transformación, que estea por riba de intereses corporativos, persoais ou electorais. Este conxunto de características reunímolas nunha alternativa que denominamos Escola Pública Galega.

10. ¿Que temos que ver con isto as traballadoras e os traballadores?
A consecución de iguais e melloradas condicións de traballo e retributivas para quen sexa ensinante, unha formación inicial profesional e científica do mesmo nivel, un perfeccionamento continuado en relación directa coa función educativa, unha maior e mellor repercusión social do noso labor, ... todo isto baixo o nome de Corpo Único de Ensinantes.

Ben, pois esperamos a túa decisión...
...E se precisas máis motivos, non dubides en poñerte en contacto con nós.

SINDICATO STEG MOI PRETO DE TI


A CORUÑA

Rúa Basquiños 52 · Baixo dereita
15702 - Santiago de Compostela
Tfno 981 580 700
Telf: 981 154 031
compostela@steg.gal
corunha@steg.gal

Ver en Google Maps

 

LUGO

R/ Conde nº 31 · Entresollado esquerda.
27003 · Lugo
Tfno. 982 240 066
lugo@steg.gal

Ver en Google Maps
 

OURENSE

R/ Bedoya 5 · 2º dereita. 32004 · Ourense
Tfno 988 252 323
ourense@steg.gal

Ver en Google Maps
 

PONTEVEDRA

Avenida da Florida 42, oficina 4 (entresollado)
36210 · Vigo
Tfno. 986 857 545
pontevedra@steg.gal

Ver en Google Maps
 
STEG Sindicato de traballadoras e traballadores de ensino de Galiza