STEG ó día · Avisos · Avisos da Consellería

comunicado da Consellería de Educación

ALERTA POR TEMPORAL MAÑÁ 22 DE NOVEMBRO

A Consellería de Educación vén de anunciar na tardiña a través da súa web que haberá "Alerta laranxa por refachos de vento de ata 100/km durante o 22 de novembro na provincia da Coruña e mariña de Lugo".
 
 

A Axencia Estatal de Meteoroloxía e Meteogalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa, dende as 9 horas en adiante (aproximadamente) do mércores 22 de novembro de 2017, por refachos de vento de ata 100km/h que afectarán as zonas de predición meteorolóxica da provincia da Coruña e da Mariña de Lugo.

Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas acordou a suspensión das actividades no exterior a partir das 9.00h das instalacións do centro escolar destas zonas afectadas, con seguimento das condicións climáticas.

Para o caso de que as circunstancias da localidade onde se atopa un centro supuxesen un risco maior, os/as directores/as poderán adoptar as decisións oportunas respecto das actividades no exterior do centro educativo ou sobre as actividades extraescolares.

A información meteorolóxica poderá ser consultada a través da páxina web do CAE 112 (www.axega112.org) .

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/23706

SINDICATO STEG MOI PRETO DE TI


A CORUÑA

Rúa Basquiños 52 · Baixo dereita
15702 - Santiago de Compostela
Tfno 981 580 700
Telf: 981 154 031
compostela@steg.gal
corunha@steg.gal

Ver en Google Maps

 

LUGO

R/ Conde nº 31 · Entresollado esquerda.
27003 · Lugo
Tfno. 982 240 066
lugo@steg.gal

Ver en Google Maps
 

OURENSE

R/ Bedoya 5 · 2º dereita. 32004 · Ourense
Tfno 988 252 323
ourense@steg.gal

Ver en Google Maps
 

PONTEVEDRA

Avenida da Florida 42, oficina 4 (entresollado)
36210 · Vigo
Tfno. 986 857 545
pontevedra@steg.gal

Ver en Google Maps
 
STEG Sindicato de traballadoras e traballadores de ensino de Galiza