STEG ó día · Novas

20-03-2023

Borrador Concurso Traslados específico EOEs

Solicitude STEG -

O SINDICATO DE TRABALLADORAS E TRABALLADORES DO ENSINO DE GALIZA (STEG), provisto con CIF J36125946 e con domicilio en Rúa Conde nº 31 de Lugo, actuando na súa representación .......................................................... comparece ante esta Consellería de Educación e en relación co borrador da orde que convocará o concurso de traslados específico, entre o persoal funcionario docente de carreira da especialidade de orientación educativa dos corpos de catedráticos e de carreira e en prácticas do corpo de profesores de ensino secundario, para cubrir prazas nos equipos de orientación específicos.

EXPÓN

  1. Que en dita proposta ábrese a posibilidade de que acceda persoal funcionario en prácticas e báixase o requisito da experiencia nunha praza directamente relacionada con orientación de 3 anos a 2. Convértese o concurso de méritos nun concurso de traslados específico. Non se entende moi ben cal é o criterio para esta modificación de non ser que se busque axustar a convocatoria a algún perfil de persoa determinado.
  2. Que hai provincias que perpetúan as prazas con persoal provisional sen sacar as vacantes como é o caso dos EOEs da provincia de Ourense e de Lugo que teñen vacantes dende fai polo menos 3 anos que non saen a concurso.
  3. Que non se da máis indicación para un proxecto, que é determinante para a praza, que aspectos formais como a extensión, a letra e os puntos que debe conter. Baixo o noso punto de vista é preciso publicar unha grella de corrección que facilite tanto a elaboración como a corrección obxectiva do proxecto.
  4. Que en convocatorias anteriores veñen aprobando o proxecto unicamente as persoas que teñen experiencia no EOE, o que implica que se perpetúe un sistema no que se dan as prazas cunha falta de transparencia absoluta xa que estas profesionais cubriron estes postos en comisión de servizos sen que se dera a debida publicidade e sen atender aos principios de mérito ou capacidade.
  5. Que unha vez máis aparece o requisito de obter a puntuación mínima no proxecto de traballo para ser chamadas co fin de cubrir provisionalmente prazas que queden definitiva ou temporalmente vacantes nos equipos de orientación específicos. Cremos que tal e como ocorre no sistema de substitución do profesorado, debe haber un listado claro resultante deste procedemento para cubrir as vacantes, eliminando o requisito de ter aprobado o proxecto, e evitando así dar prioridade a persoas que non presentaran proxecto sobre aquelas que si o teñan feito.

 

Por todo o anteriormente exposto SOLICITA

Que sexa modificada a convocatoria atendendo aos principios xerais que deben rexer o acceso a calquera posto da administración pública, priorizando a transparencia e a obxectividade nas bases deste concurso de traslados.

- documento en .pdf coa solicitude

SINDICATO STEG MOI PRETO DE TI


A CORUÑA

Rúa Basquiños 52 · Baixo dereita
15702 - Santiago de Compostela
Tfno 981 580 700
Telf: 981 154 031
compostela@steg.gal
corunha@steg.gal

Ver en Google Maps

 

LUGO

R/ Conde nº 31 · Entresollado esquerda.
27003 · Lugo
Tfno. 982 240 066
lugo@steg.gal

Ver en Google Maps
 

OURENSE

R/ Bedoya 5 · 2º dereita. 32004 · Ourense
Tfno 988 252 323
ourense@steg.gal

Ver en Google Maps
 

PONTEVEDRA

Avenida da Florida 42, oficina 4 (entresollado)
36210 · Vigo
Tfno. 986 857 545
pontevedra@steg.gal

Ver en Google Maps
 
STEG Sindicato de traballadoras e traballadores de ensino de Galiza