Secretaría da Muller · Artigos de Opinión

Día internacional para a eliminación da violencia sexual nos conflitos

Día 19 de xuño

19 de xuño: Día Internacional para a Eliminación da Violencia Sexual nos Conflitos

En xuño de 2015, a Asemblea Xeral da ONU proclamou o 19 de xuño como o Día Internacional para a Eliminación da Violencia Sexual nos Conflitos. A violencia sexual en todos os conflitos é unha arma de control por parte do adversario, un terrorismo cruel.

A vulnerabilidade de mulleres e nenas, como dos nenos, nos conflitos armados é un claro abuso de poder por parte de quen inicia estes conflitos, que sempre son homes. Os riscos son claros, as violacións e os abusos sexuais continúan. É unha forma de amosar o poder do home sobre o pobo oprimido daquela época, son triunfos de batalla.

É necesaria unha intervención institucional daqueles países que teñen o mundo nas súas mans, así como daquelas organizacións mundiais que velan polo cumprimento dos Dereitos Humanos.

Violencia sexual relacionada co conflito inclúe a violación, a escravitude sexual, a prostitución forzada, o embarazo forzado, a esterilización forzada e calquera outro acto de violencia sexual grave contra mulleres, homes ou crianzas que teñen unha vinculación directa ou indirecta cun conflito.

Unha preocupación constante é que o medo e o estigma cultural conflúen para que a gran maioría dos superviventes da violencia sexual relacionada co conflito non o denuncien. Os profesionais sobre o terreo estiman que por cada violación denunciada en relación a un conflito, hai entre 10 e 20 casos que quedan sen documentar.

O movemento feminista é o primeiro en denunciar estas situacións que están a vivir as mulleres noutros países, hai ONGs que están no sitio intentando salvalas... pero... este mundo está dominado polo capitalismo e o patriarcado. A situación das mulleres e das nenas ou dos nenos non importa moito nestes conflitos, o importante é conseguir territorios, someter á poboación civil...

O núcleo do feminismo pacifista estaba formado por mulleres que amosaban un poderoso discurso contra a guerra e propuxeron as bases para acadar a paz permanente. Así mesmo, contribuíron a esta tradición os que se organizaron a prol da que coñecemos como paz positiva, os que reivindicaron dereitos e propuxeron medidas para establecer unhas condicións de vida máis xustas e igualitarias, para elas e para as súas sociedades.

Unha clave deste feminismo pacifista foi o seu internacionalismo, os seus vínculos con organizacións que traspasaban fronteiras e constituían un movemento internacional de mulleres.

Dende a Secretaría da Muller do STEG e a Organización de Mulleres da Confederación Intersindical non deixaremos de denunciar este terrorismo sexual do que se aproveita calquera país que estea en conflito armado.

- pdf co documento

SINDICATO STEG MOI PRETO DE TI


A CORUÑA

Rúa Basquiños 52 · Baixo dereita
15702 - Santiago de Compostela
Tfno 981 580 700
Telf: 981 154 031
compostela@steg.gal
corunha@steg.gal

Ver en Google Maps

 

LUGO

R/ Conde nº 31 · Entresollado esquerda.
27003 · Lugo
Tfno. 982 240 066
lugo@steg.gal

Ver en Google Maps
 

OURENSE

R/ Bedoya 5 · 2º dereita. 32004 · Ourense
Tfno 988 252 323
ourense@steg.gal

Ver en Google Maps
 

PONTEVEDRA

Avenida da Florida 42, oficina 4 (entresollado)
36210 · Vigo
Tfno. 986 857 545
pontevedra@steg.gal

Ver en Google Maps
 
STEG Sindicato de traballadoras e traballadores de ensino de Galiza