STEG ó día · Formación

Formación


NOTA SOBRE OS CURSOS DE FORMACIÓN DO STEG
 
Máis do 95% dos ingresos orzamentados do STEG corresponden en exclusiva ás cotas de afiliación. O STEG, pois, non se financia por medio dos cursos de formación do profesorado que organiza nin recibe axuda ningunha da Administración educativa por este concepto. Ademais, os posíbeis saldos positivos que puidesen darse logo da celebración dun determinado curso deben reinvestirse, segundo contemplan os propios Estatutos do STEG, en organizar novos cursos ou actividades de formación.
No apartado de ingresos só se contemplan os derivados da matriculación concreta de cada curso. No de gastos incluímos a retribución á(s) persoa(s) relatora(s), a manutención e desprazamento da(s) mesma(s) e máis da persoa coordinadora do curso, a publicidade, o material funxíbel que poida empregarse e, se é o caso, o alugueiro do local onde se celebre e a gratificación do persoal que o atende.
Na matriculación distinguimos tres categorías: a) afiliación en activo, que paga a cota ordinaria (18€); b) afiliación en situación de desemprego, que paga unha cuota reducida (8€); c) outras persoas non afiliadas, que pagan a cota ordinaria máis un complemento (18€+14€= 32€).
 
Con data 25/01/08 chegouse a un acordo coa Consellería para a formación de persoas en situación de desemprego, de maneira que se pode admitir persoas nesa situación en cada curso ata un máximo do 30% do total de prazas ofertadas (Acordo sindical coa Consellaría).
 
Agás en casos puntuais, optamos por ofrecer actividades formativas sempre fóra do horario lectivo e cun número de horas reducido de realización. Queremos, ademais, que cubran todo o territorio e que se axeiten, en última instancia, aos principios que inspiran o noso modelo sindical: rigor científico, calidade, innovación, coeducación, normalización do idioma, xestión democrática, laicismo...
A organización dos cursos, a efectos de homologación das horas de formación, foi conveniada coa Consellería para o curso 2013-14 e axústase aos criterios e requisitos contemplados na Orde do 14 de maio de 2013, pola que se regula a convocatoria, recoñecemento, certificación e rexistro das actividades de formación permanente do profesorado (DOG de 22 de maio de 2013).

I Xornadas de Debate Pedagóxico en Lugo As competencias, competentes para o que?
Obradoiro De fotografía e edición de son
Lugar: Brión (A Coruña)
Datas: Sábado 19 de novembro de 2016 OBRADOIRO XA REALIZADO

Oferta Cursos 2015-2016
Coeducando con diversas linguaxes
Curso on-line de 50 horas que fai o STEG en colaboración cos STEs (a Confederación á que pertencemos).
Primeiras Xornadas de Innovación Educativa Palavrar a lingua
Lugar: Santiago de Compostela
Datas: 16 de abril de 2016 XORNADAS XA REALIZADAS
Obradoiro Introdución ao Software Libre na Educación
Lugar: A Estrada (Pontevedra)
Datas: Sábado 30 de abril de 2016 O CURSO NON SE PUIDO CELEBRAR
Segundas Xornadas Coeducar en Igualdade
Lugar: Lugo
Datas: 7 de maio de 2016 XORNADAS XA REALIZADAS
Oferta Cursos 2014-2015
Obradoiro Sexualidade e Afectividade, un camiño por percorrer
Lugar: CFR de Ourense
Datas: Venres 8 e Sábado 9 de maio
Obradoiro Creación e xestión dun blog escolar
Lugar: Vilanova de Arousa (Pontevedra)
Datas: Venres 24 e Sábado 25 de febreiro
I Xornadas Educación Medioambiental
Lugar: Redondela
Datas: Sábado 18 de abril
II Xornadas Coeducar en Igualdade
Lugar: A Coruña
Datas: Sábado 11 de abril O CURSO NON SE PUIDO DESENVOLVER
Obradoiro Tecnoloxía 3D a través da impresión 3D para a educación
Lugar: Ourense
Datas: Venres 27 e Sábado 28 de febreiro CURSO XA REALIZADO
Obradoiro Con letra e música de muller
Lugar: Santiago de Compostela
Datas: Venres 30 e Sábado 31 de xaneiro O CURSO NON SE PUIDO DESENVOLVER
Obradoiro Introdución ao Software Libre na Educación
Lugar: A Estrada (Pontevedra)
Datas: Sábado 17 de xaneiro e Sábado 24 de xaneiro de 2015 O CURSO NON SE PUIDO DESENVOLVER
Xornadas Primeiras Xornadas de Innovación Educativa en Infantil e Primaria
Lugar: Caldas de Reis (Pontevedra)
Datas: Sábado 29 de novembro O CURSO NON SE PUIDO DESENVOLVER
Oferta Cursos 2013-2014
Obradoiro Con letra e música de muller
Lugar: Cambados
Datas: 24 e 25 de xaneiro. CURSO XA REALIZADO
Obradoiro Detección de situacións de risco social entre o alumnado
Lugar: A Coruña
Datas: 6,7,12 e 13 de febreiro. O CURSO NON SE PUIDO DESENVOLVER

SINDICATO STEG MOI PRETO DE TI


SANTIAGO DE COMPOSTELA

Rúa Basquiños 52 · Baixo dereita
15702 - Santiago de Compostela
Tfno 981 580 700
Telf: 981 154 031
compostela@steg.gal
corunha@steg.gal

Ver en Google Maps

 

LUGO

R/ Conde nº 31 · Entresollado esquerda.
27003 · Lugo
Tfno. 982 240 066
lugo@steg.gal

Ver en Google Maps
 

OURENSE

R/ Bedoya 5 · 2º dereita. 32004 · Ourense
Tfno 988 252 323
ourense@steg.gal

Ver en Google Maps
 

VIGO

Avenida da Florida 42, oficina 4 (entresollado)
36210 · Vigo
Tfno. 986 857 545
pontevedra@steg.gal

Ver en Google Maps
 
STEG Sindicato de traballadoras e traballadores de ensino de Galiza