STEG ó día · Formación

Formación


NOTA SOBRE OS CURSOS DE FORMACIÓN DO STEG
 
Máis do 95% dos ingresos orzamentados do STEG corresponden en exclusiva ás cotas de afiliación. O STEG, pois, non se financia por medio dos cursos de formación do profesorado que organiza nin recibe axuda ningunha da Administración educativa por este concepto. Ademais, os posíbeis saldos positivos que puidesen darse logo da celebración dun determinado curso deben reinvestirse, segundo contemplan os propios Estatutos do STEG, en organizar novos cursos ou actividades de formación.
No apartado de ingresos só se contemplan os derivados da matriculación concreta de cada curso. No de gastos incluímos a retribución á(s) persoa(s) relatora(s), a manutención e desprazamento da(s) mesma(s) e máis da persoa coordinadora do curso, a publicidade, o material funxíbel que poida empregarse e, se é o caso, o alugueiro do local onde se celebre e a gratificación do persoal que o atende.
Na matriculación distinguimos tres categorías: a) afiliación en activo, que paga a cota ordinaria (18€); b) afiliación en situación de desemprego, que paga unha cuota reducida (8€); c) outras persoas non afiliadas, que pagan a cota ordinaria máis un complemento (18€+14€= 32€).
 
Con data 25/01/08 chegouse a un acordo coa Consellería para a formación de persoas en situación de desemprego, de maneira que se pode admitir persoas nesa situación en cada curso ata un máximo do 30% do total de prazas ofertadas (Acordo sindical coa Consellaría).
 
Agás en casos puntuais, optamos por ofrecer actividades formativas sempre fóra do horario lectivo e cun número de horas reducido de realización. Queremos, ademais, que cubran todo o territorio e que se axeiten, en última instancia, aos principios que inspiran o noso modelo sindical: rigor científico, calidade, innovación, coeducación, normalización do idioma, xestión democrática, laicismo...
A organización dos cursos, a efectos de homologación das horas de formación, foi conveniada coa Consellería para o curso 2013-14 e axústase aos criterios e requisitos contemplados na Orde do 14 de maio de 2013, pola que se regula a convocatoria, recoñecemento, certificación e rexistro das actividades de formación permanente do profesorado (DOG de 22 de maio de 2013).

SINDICATO STEG MOI PRETO DE TI


A CORUÑA

Rúa Basquiños 52 · Baixo dereita
15702 - Santiago de Compostela
Tfno 981 580 700
Telf: 981 154 031
compostela@steg.gal
corunha@steg.gal

Ver en Google Maps

 

LUGO

R/ Conde nº 31 · Entresollado esquerda.
27003 · Lugo
Tfno. 982 240 066
lugo@steg.gal

Ver en Google Maps
 

OURENSE

R/ Bedoya 5 · 2º dereita. 32004 · Ourense
Tfno 988 252 323
ourense@steg.gal

Ver en Google Maps
 

PONTEVEDRA

Avenida da Florida 42, oficina 4 (entresollado)
36210 · Vigo
Tfno. 986 857 545
pontevedra@steg.gal

Ver en Google Maps
 
STEG Sindicato de traballadoras e traballadores de ensino de Galiza