
17 DE MAIO. DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Por cuarta vez nun ano, a cidadanía
manifestouse en contra da política lingüística do
goberno de Núñez Feijoo
Unha
convocatoria máis para defender a lingua propia de Galiza e as
cidadás e cidadáns volveron a superar as mellores expectativas,
milleiros de persoas volveron a encher as rúas de Compostela
para, ademais de homenaxear a Uxío Novoneyra, manifestarse en
contra da política lingüística que está a
desenvolver o goberno de Núñez Feijoo.
Esta é a cuarta gran manifestación convocada contra a
política lingüística da Xunta que, pese a estas protestas
masivas na rúa, os ditames da Real Academia da Lingua, do Consello
da Cultura Galega, da emenda á totalidade do Consello Escolar
de Galicia e, por último, o ditame do Consello Consultivo de
Galicia (que recolle no seu ditame que a quen lle corresponde decidir
a lingua vehicular no ensino é á administración
educativa e non ás familias), segue cos seus tempos á
hora de levar adiante o seu decreto de plurilingüismo.
Ao igual que, como dixo a familia de Uxío Novoneyra: “Hoxe
está aí convosco, chantado no medio da praza, en favor
da lingua, a base da nosa identidade e do noso ser”, o STEG tamén
estivo.
Secretariado Nacional do STEG
Maio 2010
|