SINDICATO
DE TRABALLADORAS E TRABALLADORES DO ENSINO DE GALIZA | |
![]() ![]() |
REUNIÓN CO CONSELLEIRO DE EDUCACIÓN
E O SECRETARIO XERAL DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA A reunión demostra que a Consellaría está presa das promesas electorais de grupos minoritarios e pouco sensíbeis ao idioma galego Durante unha hora e cuarto o STEG expuxo as propostas sobre as que se deberan basear calquera regulamentación de normalización da lingua galega. Introducimos o debate coas seguinte ideas:
Para o STEG a realidade demostra todo o contrario.
Despois da exposición argumentada das nosas
demandas (que se trate dun decreto de promoción do galego,
que en aras do consenso se tome como punto de partida o último
consensuado, e dicir, o plan de normalización lingüística
do 2004, que se teña en conta o último estudo socilingüístico
da RAG segundo o cal é preciso aumentar a presenza do galego
no ensino, a nosa total oposición a que sexan as familias as
que decidan cuestións curriculares, que a aposta polo inglés
nas actuais condicións só nos pode levar ao aumento
do fracaso escolar, que se recupere o nome e as funcións dos
equipos de normalización lingüística, que o alumnado
teña que empregar a lingua de referencia da materia, que a
lingua a empregar pola administración educativa sexa o galego,...).
Desde a Consellaría retrucan cos mesmos argumentos máis
que coñecidos: o equilibrio de linguas, o plurilingüismo,
a importancia da decisión vinculante das familias. En ningún
momento se recoñeceron as advertencias do STEG da desprotección
do galego, do aumento do fracaso escolar, da conflitividade nos centros...,
si se recoñece a imposibilidade actual do 33% da impartición
da lingua estranxeira. Secretariado Nacional do STEG |