Orde do 28/06/2010 (DOG 06/07/2010) pola que se modifica a elección de horarios dos IES, CEIPs e CPIs.
CPIs - Podemos atopar: Horario do profesorado. Reduccións horarias semanais de docencia directa. Elección de horarios. Aprobación dos horarios. Cumprimento do horario por parte do profesorado. Profesorado de garda e substitucións. Orde do 3 de outubro de 2000, pola que se dictan instruccións para o desenvolvemento do Decreto 7/1999, polo que se implantan e regulan os centros públicos integrados de ensinanzas non universitarias (Capítulo III) (DOG 02/11/00)
CEIPs - Podemos atopar: Adscrición funcional do profesorado no centro. E elaboración e aprobación dos horarios. Reduccións horarias. Control de puntualidade e asistencia. Orde do 22 de xullo de 1997, pola que se regulan determinados aspectos de organización e funcionamento das escolas de educación infantil, dos colexios de educación primaria e dos colexios de educación infantil e primaria. (Capítulo V) (DOG 02/09/97)
IES - Podemos atopar: Horario do profesorado. Elección de horarios. Aprobación dos horarios. Cumprimento do horario por parte do profesorado. Profesorado de garda. Orde do 1 de agosto de 1997 pola que se dictan instruccións para o desenvolvemento do Decreto 324/1996 polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria e se establece a súa organización e funcionamento Capítulo III) (DOG. 02-09-97)