Vixésimo sexto- Redución de xornada por violencia de xénero.
Así mesmo, o persoal funcionario docente vítima de violencia
de xénero, para facer efectiva a súa protección ou o seu
dereito á asistencia social integral, terá dereito á redución
da xornada coa diminución proporcional da retribución ou á
reordenación do tempo de traballo, a través da adaptación
do horario, da aplicación do horario flexible
ou doutras formas de ordenación do tempo de traballo, cando iso sexa
posible en función da organización do propio centro e do horario
do alumnado.
CONCÉDEO : titular da Delegación Provincial
DOCUMENTACIÓN ESIXIDA: