Cuarto:.-Por traslado de domicilio
Por traslado de domicilio,un día na mesma localidade e dous días
se hai cambio de localidade. Se a unidade familiar está composta por
dous ou máis membros, o permiso será de dous días sen cambio
de localidade e de catro días se existe cambio.
Aos efectos de aplicación deste permiso, enténdese que existe
traslado de domicilio cando o mesmo se produza no marco dunha prestación
de servizos continuada. Non se terá dereito a este permiso por traslado
de domicilio derivado da adxudicación do primeiro destino como funcionario,
interino ou substituto, ou de novo destino adxudicado por nomeamento, resolución
de concurso de traslados, comisión de servizos, adscrición, destinos
provisionais ou outras análogas.
O permiso enténdese referido ao día en que se produza o efectivo
traslado de domicilio e cando teña unha duración superior a un
día, gozarase con carácter ininterrompido.
Os días do permiso son naturais
CONCÉDEO : a dirección.
DOCUMENTACIÓN ESIXIDA: