Inicio STEG
SINDICATO DE TRABALLADORAS E TRABALLADORES DO ENSINO DE GALIZA
   Inicio

O xoves 6 de novembro celebrouse unha Mesa Sectorial na que se abordaba a constitución da nova Mesa Sectorial Docente non Universitaria

Por fin, despois de 2 anos de espera e das múltiples solicitudes do STEG, o xoves 6 de novembro constituíuse a nova  Mesa Sectorial de ensino non universitario de acordo cos resultados das eleccións sindicais celebradas en decembro do 2006.

A Mesa actual quedou constituída coa seguinte representación:
CIG – 6
CCOO – 3
FETE-UGT – 2
ANPE – 2
STEG – 2

O máis salientable a respecto da anterior configuración, é a desaparición do CSIF e a incorporación do STEG como membro de pleno dereito despois de ter superado o mínimo esixido do 10% nas últimas eleccións sindicais.

Na próxima Mesa, que se celebrará posiblemente a vindeira semana, o STEG plantexará a necesidade de elaborar un calendario de temas urxentes a negociar durante este curso que dea resposta ás necesidades do ensino público galego.

* Proposta de temas  a negociar que presenta o STEG