SINDICATO
DE TRABALLADORAS E TRABALLADORES DO ENSINO DE GALIZA | |
Inicio << STEG Opina |
Mesa do 3 de xuño de 2010 REGULAMENTO ORGÁNICO DAS ESCOLAS DE ARTE E SUPERIORES DE DESEÑO Antes de comezar a nosa análise do Decreto demandamos que a Mesa sexa unha auténtica mesa de negociación esixindo a resposta da administración as demandas que por parte das OOSS se produzan. Cremos e defendemos a impartición destas ensinanzas artísticas desde a iniciativa pública que é preciso manter e potenciar para achegala a toda a sociedade galega. Así, avogamos pola ampliación da rede pública de Escolas de arte e superiores de deseño con especial atención a aquelas vilas e cidades onde esta oferta non existe co fin de promover a igualdade de oportunidades. É salientable o caso da provincia de Pontevedra onde non hai unha soa Escola de arte pública. Xa que logo debemos camiñar cara a eliminación dos concertos nestas ensinanzas postobrigatorias facendo unha oferta pública axeitada. Sobre o alumnado, hai que informar
e apoiar a través de recursos para o estudo da FP (bolsas de
estudo e residencia) e praza gratuíta nos ciclos próximos
ao domicilio. En canto á linguaxe non sexista, parabéns polo importante avance na utilización de linguaxe non sexista, despois de tantos anos solicitando mesmo se nos fai raro non ter que facelo. Só indicar que no STEG sempre comezamos ca forma feminina e que hai algún apartado que debe ser corrixido como por ex. no artigo 16 a composición da Xunta da Escola. Antes de entrar no articulado, adiantamos algúns
dos aspectos que nos parecen máis preocupantes: Mención especial compre facer da inquedanza que hai na Escolas de Arte ante a nova de que a Consellería ven de adiantar a data do período de inscripción das probas de acceso a estas ensinanzas de setembro a xuño. A administración resposta que non teñen por que perder alumnado polo cambio de data xa que poden facer as probas de inscripción en xuño (sen saber se aprobaron ou non os estudos que estean a realizar) e incorporarase á Escola cando teñan a titularidade oportuna. Esperamos que este ROC sirva para: • Unha maior promoción das ensinanzas
artísticas en todos o niveis garantindo unha mellor calidade
nas mesmas.
PREÁMBULO Pax. 3, parágrafo 1, liña 3. Avaliacións externas: cambiar “baixo a responsabilidade da Consellería” por “pola Consellería”. Entendemos que as avaliacións externas non poden ser realizadas por axentes externos ( privados) ao proceso educativo. NON RESPONDEN. TITULO I. DISPOSICIÓNS DE CARÁCTER XERAL. ARTIGO 1.- OBXECTO E ÁMBITO DE APLICACIÓN. 2. Retiralo. Non estamos de acordo co ensino concertado privado na postobrigatoria. NON ACEPTAN.
2. Retiralo tamén pola mesma razón. NON ACEPTAN. ARTIGO 3.- DENOMINACIÓN DAS ESCOLAS DE ARTE E SUPERIORES DE DESEÑO. 3.5. Denominación das Escolas de Arte: fomentarse o nome de mulleres galegas nas denominacións das Escolas de Arte e Superior de Deseño que compense este déficit detectado polo STEG no seu estudo e campaña sobre os nomes de centros educativos galegos. NON CONTESTAN. 3.6. En todas as Escolas de Arte e superiores de deseño figurarán un letreiro co escudo de Galicia e o escudo e o nome do Concello. VANO MODIFICAR de xeito que esta identificación só aparecerá nas Escolas de Arte públicas. ARTIGO 5.- FUNCIÓNS DAS ESCOLAS DE ARTE E SUPERIOR DE DESEÑO. 1.b. …. Participación de profesionais do sistema produtivo na impartición de docencia. ENGÁDENLLE "excepcionalmente". TÍTULO II: ORGANIZACIÓN DAS ESCOLAS DE ARTE E SUPERIORES DE DESEÑO. ARTIGO 7.- ORGANOS DAS ESCOLAS DE ARTE E SUPERIORES DE DESEÑO. 4.a. incompleta a composición de esta área: a coordinación........ completarase con … de programas europeos, de TICs e de formación de profesorado. ARTIGO 9.- REXIME DE FUNCIONAMENTO DAS ÁREAS. 2. Na reunión trimestral que as áreas
teñen coa dirección, actuará como secretario
con voz e sen voto o secretario do centro que ten ao mesmo tempo a
xefatura da área de administración e xestión.
Que nos expliquen por que queda sen voto esta xefatura de área.
VAN ESTUDALO. DIRECCIÓN 3 e 4. Nomeamentos de dirección en caso de ausencia de candidatos ou candidatas e en caso de cesamento. ELIMÍNANO porque aparece no Decreto de elección de directores e directoras. 5. Cando haxa suspensión de funcións que sexa nomeada
outra persoa. Deben aparecer en apartados diferentes a suspensión
de funcións e a enfermidade ou a ausencia. NON
ACEPTAN. ARTIGO 11.- COMPETENCIAS DIRECCIÓN 2.b. Fixar e aplicar a política de recursos
humanos. Cambiar por a política do persoal adscrito ao centro.
NON ACEPTAN. 3.b Reiteramos a nosa preocupación polo obxectivo ou fin da avaliación e en especial da función pública docente (non está regulada). Aceptamos calquera avaliación que serva para mellorar a formación do profesorado e a dos recursos de calquera centro. Entendemos que se debería incluír eses fins na explicación ao mesmo tempo que se garantirá o carácter segredo ( só coñecemento interno) destas avaliacións. Nunca externalizar estas avaliacións. NON CONTESTAN. 5.a. promover a captación de recursos externos. Retiralo. Os centros non deben perder o tempo “negociando” coas empresas. Unha cousa é que aparezan recursos externos e outra é “promover” a captación. É a administración quen ten que dotar de recursos aos centros e non os centros os que teñan que saír a buscalos. NON ACEPTAN.
Demandamos campañas de fomento para a presenza das mulleres nos equipos directivos que visibilice ás mulleres e inverta a situación actual. NON CONTESTAN. 12.4. Baixas de membros do equipo directivo: as substitucións
non teñen porque ser só con persoal do equipo directivo.
Propoñemos a seguinte redacción: “que sexa nomeado
o profesorado suficiente para continuar coa mesma atención
educativa ao alumnado ao mesmo tempo que se mantén a calidade
na xestión do centro. Pescudarase a forma de facer efectivas
as reducións horarias estipuladas.
14.1.b. Exercer a xefatura do persoal docente e do alumnado en relación ao réxime académico e disciplinario. Engadir do alumnado. NON ACEPTAN. A xefatura de estudos tamén actúan na resolución de casos disciplinarios do profesorado.
ARTIGO 16.- XUNTA DE ESCOLA. 2. composición. Un/unha.... engadir. Correxir linguaxe sexista. ACEPTAN. A composición da Xunta da Escola debería estar en relación ao número de profesorado e alumnado que compón a escola e non ser a mesma para todas as Escolas de Arte. ESTUDIARANO. Hai menos representantes de profesorado que do persoal non docente. Propoñemos cambio na distribución para igualar a proporción entre o profesorado e o resto dos membros da Xunta de Escola: establecer a maioría do profesorado nunha persoa ou establecendo un tercio de persoal docente, un tercio de alumnado, un tercio nais e pais, representante do concello e representante do persoal de administración e que o voto da dirección resolva en caso de empate. ESTUDIARANO. Son conscientes de que o aceptaron no ROC das EOIs. Retirar o representante das empresas. Non pode haber un representante da empresa privada nun órgano colexiado da Escola. NON CONTESTAN. 2.e. O profesorado pode ser membro da Xunta de Escola e ser nomeado secretario polo que o profesorado perdería un voto. Demandamos as modificacións necesarias na elección da Xunta da Escola para que se doten de suplentes do profesorado que pasen a ser membros de pleno dereito deste órgano cando se dean estas circunstancias. NON ACEPTAN por haber unha lexislación superior que así o recolle. 4. Aparece a persoa encargada de impulsar medidas
de igualdade. Promover que esta persoa teña formación
ao respecto e que sexa profesorado do centro. NON
CONTESTAN. ARTIGO 18.- CONSTITUCIÓN E SESIÓNS DOS ORGANOS COLEXIADOS DE GOBERNO.- 4. Convocatoria para un claustro solicitado polo profesorado (un tercio dos membros) nun prazo máximo de 5 días e celebración en 15 días máximo. NON ACEPTAN. Igualarán co ROC das EOIs e Conservatorios de Música. 6. Para a válida constitución dos órganos colexiados requirirase a presencia de dirección, da secretaría e de máis da metade dos membros correspondentes do órgano con dereito a voto. Solicitamos unha alternativa para cando non se dea este quórum. Que se regule para evitar un baleiro ao respecto. ESTUDARANO, sendo conscientes de que no ROC das EOIs se contemplou unha segunda convocatoria.
ARTIGO 21.- NOMEAMENTO DE XEFES OU XEFAS DE DEPARTAMENTO. 2. e 3. Propoñemos cambiar “oído
o departamento” por “a proposta do departamento”.
NON ACEPTAN. ARTIGO 22.- CESAMENTO DE XEFES OU XEFAS DE DEPARTAMENTO. 1.d. Incorporación dun funcionario ou funcionaria
do corpo de catedráticos. Propoñemos engadir ao final:
esperar a que remate o mandato. NON ACEPTAN. ARTIGO 23- COMPETENCIAS XERAIS DAS XEFATURAS DE DEPARTAMENTO. C. Redactar a programación do departamento. Solicitamaos engadir: coa colaboración de todos os membros. NON ACEPTAN. ARTIGO 24.- COMPETENCIAS ESPECÍFICAS DAS XEFATURAS DE DEPARTAMENTO DA ÁREA DE FORMACIÓN. a. Cambiar que “o alumnado coñeza” por “que teña toda a información relativa a” . ACEPTAN. Cambiarán por facilitar a información ou unha redacción análoga. SECCION SEGUNDA. Esiximos explicación de por que non aparece departamento de FOL e en que departamento irá o profesorado que imparte este módulo. Responden que a orientación laboral non ten entidade para ter un departamento propio neste tipo de escolas e estudarán en que departamento meter a este profesorado.
2. A esta área pertencen as e os coordinadores de formación do profesorado, de TICs e programas europeos propostos polo departamento á direccion. Incoherencia co artigo 31.2. ACEPTAN. Estudarán mantelo como aparece neste artigo e neste punto. 3. engadir 3.a. propoñer á dirección as coordinacións que están dentro de este departamento. ACEPTAN. ARTIGO 27.- DEPARTAMENTO DE RELACIÓN CON EMPRESAS, ESTUDOS OU TALLERES. 2.j. Eliminar esta competencia por ser unha función da titoría de formación en empresas, estudos ou talleres. ACEPTAN.
4. Fala de que a Comisión de prevención reunirase...... se é o mesmo que a comisión de seguridade e saúde laboral, pedimos utilizar a mesma denomización. ACEPTAN o cambio. ARTIGO 30.- COORDINACIÓN DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA L.G. NOMEAMENTO E COMPETENCIAS. Cambiar o nome por Equipo de normalización e dinamización da língua galega. NON ACEPTAN. Está regulado no decreto de plurilingüísmo. 4. Non aparece a temporalización das reunións. ESTUDIARANO.
ARTIGO 31.- NOMEAMENTO E CESAMENTO DOS COORDINADORES OU COORDINADORAS. 2. A persoa coordinadora será nomeada pola dirección, a proposta da xefatura da área correspondente (área de calidade e promoción de ensinanzas) que recae sobre o vicedirector pero o artigo 26.2 indica que serán propostos polo departamento de calidade e promoción das ensinanzas. Unificar co artigo 26.2. sendo o departamento quen elixa ás e aos coordinadores. ACEPTAN. SECCIÓN CUARTA. ARTIGO 35.- EQUIPOS DOCENTES: DEFINICIÓN, COMPOSICIÓN E FUNCIÓNS. 1. Na escola crearase un equipo docente por cada ensinanza. Non entendemos ao que se refiren coa terminoloxía “ensinanza”. Pedimos aclaración sobre este término. ESTUDIARANO. 2.a e 2.b. Formularlle á ou ao xefe de departamento propostas relativas á elaboración da programación e Elaborar a programación. Solicitamos a retirada de estes dous puntos por consideralas competencias das xefaturas das familias profesionais. ESTUDIARANO. 2.c. Reunirase dúas veces ao mes... unha de elas para realizar o seguimento da programación. Solicitamos a retirada de esta reunión de seguimento xa que debe facerse dentro do departamento á que pertenza a área. (artigo 23. funcións xerais das xefaturas de departamento). ESTUDIARANO. Entenden que a redacción non é clara e invitan a que mandemos por escrito unha nova proposta de redacción para este artigo. ARTIGO 37.- FUNCIÓNS DAS TITORIAS. 1.a. Titorar ao alumnado do curso que teña
asignado da ensinanza. Solicitamos aclaración de esta función.
ESTUDIARANO.
Todos os documentos derivados de este título deben estar redactados en galego. NON CONTESTAN. ARTIGO 38.- AUTONOMÍA DAS ESCOLAS DE ARTE E SUPERIORES DE DESEÑO. 1. As Escolas de Arte disporán de autonomía tanto no pedagóxico como no organizativo e na xestión económica. Demandamos que se elimine este último punto referente á xestión económica. NON ACEPTAN. 3. A autonomía de xestión económica reflectirase no proxecto de xestión. Retirar este punto por coherencia co dito no punto anterior. NON ACEPTAN.
Marcar as materias que se impartirán en galego que según o Decreto 79/2010 lle corresponde facer a cada Centro Educativo. ESTUDIARANO. Engadir que “garantizarase que en todos os módulos o alumnado coñeza o vocabulario específico nas dúas linguas oficiais” segundo se recolle no Decreto 79/2010. ESTUDIARANO, tratando de incluír todo o que a normativa vixente dite en canto a uso e promoción da lingua galega.
2.Incluír un apartado referente ás medidas encamiñadas a igualdade de xénero que se verá reflectido en todos os órganos de goberno, órganos colexiados e órganos de coordinación das Escolas de Arte. NON RESPONDEN. Incluír outro apartado referente ás NEAE. NON RESPONDEN. ARTIGO 43.- PROXECTO DE XESTIÓN 2. poderán obter recursos pola prestación de servizos así como por fondos procedentes de entidades públicas, privadas ou particulares. Por crear desigualdades entre os centros, propomos a seguinte redacción: “…procedentes de entidades públicas, ou particulares sen ánimo de lucro, sempre que teñan como obxectivo un fin social. Os ingresos recibidos non xerarán recursos, serán presentados na memoria anual e serán xestionados pola administración”. NON ACEPTAN. 3. As escolas poderán recibir achegas voluntarias
dos pais e nais do alumnado ou doutras institucións. Engadir:
serán coñecidas pola administración competente
que poderá xestionalas segundo as necesidades. NON
ACEPTAN. DISPOSICIÓN ADICIONAL ÚNICA. A consellería competente establecerá
a matricula e titulación en cada ciclo […..] con criterios
de rendibilidade dos recursos e atendendo as necesidades globais da
comunidade autónoma. Eliminar con criterios de rendibilidade.
A oferta sempre se realizará según a demanda existente
e será a administración a encargada de aumentar os recursos
para atender ás demandas, non ao revés. NON
RESPONDEN. CURRÍCULOS DE FP PARA O CURSO
2010-2011 Nos centros con ciclos de formación existen
graves problemas que deben ser solucionados, entre os que sinalamos:
a falta de espazos para impartir aqueles novos ciclos LOE que pasan
de 3 trimestres no centro a 5, xa que son necesarias máis aulas
e talleres, falta dun protocolo para a recollida e tratamento de residuos,
existencia de máquinas antigas que non cumpren a certificación
CE... Solicitamos que se dote aos ciclos co novo material que esixen os currículos LOE. NON CONTESTAN. Solicitamos que para regular os módulos que se deben impartir en galego se teña en conta o número de horas do curso e non os módulos. Un equilibrio en módulos non conleva un reparto equilibrado en horas, xa que os módulos teñen unha duración moi dispar. NON CONTESTAN. O Subdirector Xeral de F.P. sinala que estes 8 currículos serán os que se incorporen para o novo curso. Non haberá máis. Para os ciclos que se
extingan ca entrada destes currículos, e teñan a duración
de 3 trimestres + FCT, convocaranse unhas probas libres, para alumnos
con módulos pendentes, no mes de setembro. Para os outros casos
será en xuño do 2011. ROGOS E PREGUNTAS O Director Xeral Sr. Mira Lema seguía ausente da mesa polo que a persoa que a levaba nese momento limitouse a recoller os nosos rogos e preguntas e a transmitirllas a quen fora oportuno. 1. Manifestamos o noso total desacordo ante o despropósito
de gastar un millón de euros nunha campaña para informar
sobre o Decreto de plurilingüísmo.
Secretariado Nacional do STEG |