Quen somos · Modelo Sindical

Modelo Sindical

O S.T.E.G., un Sindicato autónomo e asembleario, membro da Confederación de STEs-i, formada pola unión de Organizacións Sindicais cunha historia común, un proxecto solidario e un mesmo modelo sindical que se resume nas seguintes características:
 
ASEMBLEARIO
Un sindicato que articule toda a súa acción sindical en torno ás Asembleas, un instrumento a través do que reforzamos a unidade das traballadoras e  traballadores do ensino, debatendo os temas, tomando decisións e controlando a representatividade directamente. As Asembleas son a canle fundamental para practicar un sindicalismo vivo e alonxado de calquera burocratización.  
 
GALEGO E CONFEDERADO
Uun sindicato que partindo da realidade galega, traballando en Galicia, reclamando que as competencias educativas sexan realmente plenas, estea ao mesmo tempo integrado confederalmente para así poder facer fronte ao reto dos grandes temas de política educativa.  
 
  PLURAL E PROGRESISTA
Un sindicato que non renuncia a aglutinar a todas as traballadoras e traballadores do ensino. Defensores do modelo de Escola Pública, o que implica esixir aos gobernos que avancen na loita contra as desigualdades a favor das clases oprimidas. 
 
    FEMINISTA
Un sindicato que loita contra as opresións específicas a que están sometidas as mulleres, tanto nos aspectos laborais, profesionais e xurídicos, como nos sexuais e educativos.
 
 AUTÓNOMO
Un sindicato que non esté subordinado  á Administración, nin manteña ningún tipo de dependencia de partidos políticos nin de grupos de presión, porque unicamente dende esta autonomía podemos desenvolver dun xeito independente a nosa actividade sindical.  
 
 REVINDICATIVO
Un sindicato que defende as reivindicación das traballadoras e traballadores do ensino. A mellora das súas condicións de traballo considerando a importante función social do Sistema Educativo.
 
 SOCIOPOLÍTICO E DE CLASE
Un sindicato formado por traballadoras e traballadores do ensino, docentes e non docentes que son e se senten parte da clase traballadora. No que as súas reivindicación non  queden nunha simple defensa gremial da profesión, belixerante con todo tipo de explotación, co sexismo, e que traballe activamente pola conservación do medio ambiente e pola paz. Que procura unha transformación fonda do actual sistema educativo cara á Escola Pública no marco dun ensino non xerarquizado. 
 
   UNITARIO
Un sindicato que aspira a configurar unha alternativa unitaria no Ensino dende bases democráticas e pluralistas, e que promove a unidade de acción con outros Sindicatos e Organización progresistas.  
 
A ALTERNATIVA AUTÓNOMA E ASEMBLEARIA.

SINDICATO STEG MOI PRETO DE TI


A CORUÑA

Rúa Basquiños 52 · Baixo dereita
15702 - Santiago de Compostela
Tfno 981 580 700
Telf: 981 154 031
compostela@steg.gal
corunha@steg.gal

Ver en Google Maps

 

LUGO

R/ Conde nº 31 · Entresollado esquerda.
27003 · Lugo
Tfno. 982 240 066
lugo@steg.gal

Ver en Google Maps
 

OURENSE

R/ Bedoya 5 · 2º dereita. 32004 · Ourense
Tfno 988 252 323
ourense@steg.gal

Ver en Google Maps
 

PONTEVEDRA

Avenida da Florida 42, oficina 4 (entresollado)
36210 · Vigo
Tfno. 986 857 545
pontevedra@steg.gal

Ver en Google Maps
 
STEG Sindicato de traballadoras e traballadores de ensino de Galiza