STEG ó día · Mobilizacións · Folgas Ensino

O STEG acorda con CIG e CSIF constituír o Comité de Folga e emprender novas mobilizacións en novembro

O STEG acorda con CIG e CSIF constituír o Comité de Folga e emprender novas mobilizacións en novembro

O STEG mantivo unha reunión na mañá do xoves 2 de novembro coa CIG e CSiF na que as tres organizacións acordamos constituír o Comité de Folga e emprender novas mobilizacións para o mes de novembro, á vista dos resultados da folga da semana pasada e dada a ausencia de resposta ningunha por parte da Consellería.

Na reunión, previa á comparecencia ante os medios de prensa e que se estendeu por espazo de algo máis dunha hora, as tres organizacións concretamos unha serie de accións no futuro inmediato:

1. Convocamos toda a comunidade educativa a unha mobilización en todos os centros públicos de ensino o xoves 9 de novembro.

2. Convocamos unha concentración nas principais cidades e vilas do país o martes 14 de novembro ás 19 h. (Lugo: diante da Xefatura; A Coruña: diante do IES Eusebio da Guarda; Vigo: diante da Xunta ou Marco; Pontevedra: Praza da Peregrina; Compostela: Praza Roxa; Ourense: diante da Xefatura)

3. Acordamos solicitar unha entrevista do Conselleiro de Educación coas tres organizacións sindicais onde se poida abrir unha negociación co Comité de Folga que dea nun verdadeiro marco de mellora da calidade do ensino público e das condicións de traballo das súas traballadoras e traballadores. Esta é carta enviada hoxe ao Conselleiro de Educación. Concretamente solicitamos reabrir negociacións sobre::

-Recuperación dos horarios de 18 e 21 horas nun máximo de 2 cursos.
-Redución das ratios en todas as ensinanzas, comezando no curso 2024/25 e con aplicación como máximo no remate de cada etapa.
-Aplicación de medidas inmediatas (curso 2024/25) para a redución da burocracia: aumento das horas de liberación para cargos directivos, de coordinación e titoría e aumento de persoal administrativo.
-Reparto lineal da masa salarial comprometida pola Consellería entre todo o profesorado.

4. Acordamos convocar unha manifestación nacional para o domingo 19 de novembro en Compostela ás 12 h.

5. Acordamos constituír un COMITÉ DE FOLGA integrado por CIG, STEG e CSiF, promovendo unha fronte de acción común no camiño de loitar polas nosas reivindicacións fronte á Consellería de Educación e a Xunta de Galicia.

7. Acordamos convocar folga no ensino para o martes 28 de novembro esixindo á Consellería abrir unha negociación co COMITÉ DE FOLGA.

8. Acordamos promover activamente a mobilización de toda a comunidade educativa sen distinción de afinidades sindicais, no camiño de acadar as reivindicacións relativas á redución das ratios, o horario do profesorado, a redución da burocracia e as melloras retributivas que o acordo promovido pola Xunta non atende.

Diversos medios de comunicación fixéronse eco das nosas demandas, as cales explicaremos nos centros escolares, deixando cartaces explicativos e escoitando as inquedanzas do profesorado.


Contra o Acordo da Miseria, mobilización, unidade sindical e fronte de acción común pola calidade do ensino público galego.

 

SINDICATO STEG MOI PRETO DE TI


A CORUÑA

Rúa Basquiños 52 · Baixo dereita
15702 - Santiago de Compostela
Tfno 981 580 700
Telf: 981 154 031
compostela@steg.gal
corunha@steg.gal

Ver en Google Maps

 

LUGO

R/ Conde nº 31 · Entresollado esquerda.
27003 · Lugo
Tfno. 982 240 066
lugo@steg.gal

Ver en Google Maps
 

OURENSE

R/ Bedoya 5 · 2º dereita. 32004 · Ourense
Tfno 988 252 323
ourense@steg.gal

Ver en Google Maps
 

PONTEVEDRA

Avenida da Florida 42, oficina 4 (entresollado)
36210 · Vigo
Tfno. 986 857 545
pontevedra@steg.gal

Ver en Google Maps
 
STEG Sindicato de traballadoras e traballadores de ensino de Galiza