STEG ó día · STEG opina

31-03-2020

o STEG demanda garantir a saúde de todas, os dereitos das persoas aspirantes, do persoal interino e substituto e a calidade do ensino público

OPOSICIÓNS 2020

O pasado 13 de marzo, a Consellería de Educación publicaba na súa web a Orde do 24 de febreiro de 2020 pola que se convocan procedementos selectivos de acceso ao corpo de inspectores de educación, ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores de escolas oficias de idiomas e ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño e de ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, ao corpo de profesores de música e artes escénicas, ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño, ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, profesores de artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001A).

Días despois, o 16 de marzo entraba en vigor o Real Decreto 463/2020 (de 14 de marzo) do Estado de Alarma, provocado pola grave crise sanitaria do coronavirus COVID-19. Así, coñeciamos que, segundo o establecido na disposición adicional terceira deste Real Decreto e no apartado sétimo do Acordo do Centro de Coordinación Operativa (Cecop), mediante o que se adoptan medidas preventivas en lugares de traballo do sector público autonómico como consecuencia da evolución epidemiolóxica do coronavirus COVID-19 interrompíase o prazo para a presentación de solicitudes deste procedemento. O cómputo dos prazos reiniciaríase no momento en que perdese vixencia o acordo ou, se fose o caso, as prórrogas deste.

No STEG somos conscientes do complexo da actual situación, pola súa natureza dinámica e cambiante, que debuxa un panorama moi incerto a curto e medio prazo, o cal ninguén está en condicións de predicir. Malia isto, entendemos que ao respecto das oposicións a decisión que se tome, ademais de ser consonte á situación sanitaria (promovendo entón a preservación absoluta da saúde das persoas aspirantes e do persoal educativo implicado no proceso), debe evitar prexuízo ningún ás opositoras. Neste sentido e no momento actual, son moitas as dúbidas e interrogantes ao respecto. No STEG existe preocupación por varias cuestións, no caso de que finalmente se levasen adiante:

-a concentración dun número elevado de xente no hipotético lugar de celebración das probas e as implicacións sanitarias desta situación.
-o estado de saúde (física e psicolóxica) das persoas aspirantes no momento de celebración das mesmas, logo dun longo confinamento e situacións de todo tipo derivadas do mesmo.
-a permanencia nas listas de moitas das persoas aspirantes, dadas todas as posíbeis problemáticas que se puidesen derivar pola situación excepcional que estamos a padecer.

No escenario contrario, se a Consellería optase polo aprazamento, o STEG esixe que non se leve adiante ningún recorte no número de prazas. Nese suposto, é necesario que se blinden as mesmas para que non quede posibilidade ningunha de futuros recortes. De igual forma, entendemos que sería fundamental acordar unha data común entre os territorios do resto do Estado, para evitar desta forma “efectos chamada” que desvirtúen os procesos selectivos, indo en prexuízo das persoas aspirantes. Por último, dende o STEG defendemos que, máis aínda nas circunstancias xeradas pola crise sanitaria, na que posibelmente se produza un aumento da taxa de interinidade ante a imposibilidade de cubrir prazas antes do inicio do próximo curso, se volva poñer sobre a mesa a cuestión do acceso diferenciado, como medida para unha estabilización real do persoal interino, pois a realidade volve demostrar que é o gran prexudicado ante calquera eventualidade no noso sistema de ensino.

-documento en pdf

 

 

                                                                 COMISIÓN PERMANENTE DO SECRETARIADO NACIONAL DO STEG

 

31 DE MARZO DE 2020

SINDICATO STEG MOI PRETO DE TI


A CORUÑA

Rúa Basquiños 52 · Baixo dereita
15702 - Santiago de Compostela
Tfno 981 580 700
Telf: 981 154 031
compostela@steg.gal
corunha@steg.gal

Ver en Google Maps

 

LUGO

R/ Conde nº 31 · Entresollado esquerda.
27003 · Lugo
Tfno. 982 240 066
lugo@steg.gal

Ver en Google Maps
 

OURENSE

R/ Bedoya 5 · 2º dereita. 32004 · Ourense
Tfno 988 252 323
ourense@steg.gal

Ver en Google Maps
 

PONTEVEDRA

Avenida da Florida 42, oficina 4 (entresollado)
36210 · Vigo
Tfno. 986 857 545
pontevedra@steg.gal

Ver en Google Maps
 
STEG Sindicato de traballadoras e traballadores de ensino de Galiza