FOLGA
Mércores 3 de maio
A folga convocada por STEG, CIG e a Asociación
de PNNs de Galicia, foi secundada por máis do 60% do
profesorado interino e substituto.
Asímesmo, á concentración convocada diante
de San Caetano, asisitiron arredor das 1000 persoas.
Ante esta participación do profesorado
interino e substituto, agardemos que a consellaría cambie
de actitude e inicie xa as negociacións sobre a estabilidade
e as condicións de traballo deste colectivo.
Na asemblea celebrada pola tarde, no IES Monte
de Conxo, acordouse convocar unha nova xornada de folga
para o mércores 24 de maio.
De terse iniciado satisfactoriamente as negociacións
coa consellaría, a folga sería desconvocada.