Inicio STEG
SINDICATO DE TRABALLADORAS E TRABALLADORES DO ENSINO DE GALICIA
   Inicio << Profesorado interino

PROFESORADO INTERINO

Denuncia do novo sistema que está a empregar a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para elaborar as listaxes de profesorado substituto que nunca prestou servizos no ensino público

O STEG denuncia o sistema que está a aplicar a Consellería de Educación para elaborar as listaxes de profesorado substituto que nunca prestou servizos no ensino público debido a que atenta contra os seus intereses, é discriminatorio fronte ao profesorado a quen se lle tivo en conta a formación, a experiencia e outros aspectos recollidos no baremo da convocatoria de oposicións, e está en contradición co establecido na Orde de convocatoria das oposicións de 2010 e o R.D. que as regula.

Hoxe, día 3 de setembro, informoúsenos que será a asesoría xurídica da Xunta a que decida ao respecto das listaxes de substitutos.

 

Secretariado Nacional do STEG
Setembro 2010

Documento en pdf coa reclamación