STEG ó día · Mobilizacións · Folgas Ensino

Participación masiva do profesorado nas protestas nos centros do 9 de novembro

Participación masiva do profesorado nas protestas nos centros do 9 de novembro

Milleiros de profesoras e profesores en centenares de centros escolares galegos manifestamos o noso compromiso coa mellora do ensino público galego protestando contra o acordo da miseria e reclamando a baixada efectiva das ratios, a recuperación das 18/21 horas lectivas, a redución para o vindeiro curso da burocracia e o reparto lineal do incremento retributivo. Podedes ver moitas destas fotos de protesta buscando nas redes sociais o seguinte Hashtag #oProfesoradoNonSeVende

O vindeiro martes 14 de novembro ás 19 horas realizaremos concentracións nas principais cidades galegas onde berraremos alto e claro que as nosas xustas demandas deben ser atendidas. Os lugares das concentracións son os seguintes:  A Coruña (Praza Pontevedra), Santiago (Praza Roxa), Ferrol (edificio da Xunta), Lugo (edificio da Xunta), Ourense (Xefatura Territorial de Educación), Pontevedra (Praza da Peregrina) e Vigo (MARCO)

 

A pelota segue no tellado da Consellería, a cal continúa sen abrir negociacións ao respecto co Comité de folga formado por STEG, CIG e CSIF

Conselleiro, resposta!!

SINDICATO STEG MOI PRETO DE TI


A CORUÑA

Rúa Basquiños 52 · Baixo dereita
15702 - Santiago de Compostela
Tfno 981 580 700
Telf: 981 154 031
compostela@steg.gal
corunha@steg.gal

Ver en Google Maps

 

LUGO

R/ Conde nº 31 · Entresollado esquerda.
27003 · Lugo
Tfno. 982 240 066
lugo@steg.gal

Ver en Google Maps
 

OURENSE

R/ Bedoya 5 · 2º dereita. 32004 · Ourense
Tfno 988 252 323
ourense@steg.gal

Ver en Google Maps
 

PONTEVEDRA

Avenida da Florida 42, oficina 4 (entresollado)
36210 · Vigo
Tfno. 986 857 545
pontevedra@steg.gal

Ver en Google Maps
 
STEG Sindicato de traballadoras e traballadores de ensino de Galiza