POR UN ENSINO PÚBLICO DE CALIDADE
- Potenciación da Rede de Centros pública fronte á progresiva privatización.
- Incremento dos orzamentos e das inversións no Ensino Público.
- Desaparición das subvencións ao Ensino Privado.
- Xestión democrática do sistema educativo.
POLA GALEGUIZACIÓN DO ENSINO
- Cumprimento real da Lei de Normalización Lingüística
POLO TRABALLO E A PROMOCIÓN DAS MULLERES
- Mellora das condicións de traballo durante os períodos de embarazo e lactancia
- Igualdade no dereito de baixa maternal, por parto ou adopción, entre o funcionariado de carreira e o interino.
POLA ESTABILIDADE NO EMPREGO
- Mantemento de todos os destinos, non aos traslados forzosos.
- Incremento dos catálogos dos centros.
- Igualdade de dereitos para o profesorado interino e o funcionariado.
- Acceso á función pública mediante concurso de méritos.
POLO CORPO ÚNICO DE ENSINANTES
- Igual formación inicial para todo o profesorado.
- As mesmas condicións laborais e salariais para todo o profesorado
POLA MELLORA DAS RETRIBUCIÓNS
- Negociación dun novo sistema retributivo: igual complemento específico.
- Cláusula de revisión salarial.
- Mantemento do poder adquisitivo e recuperación do perdido.
- Homologación co resto do funcionariado do mesmo nivel.
POLA REDUCCIÓN DO TEMPO DE TRABALLO
- 18 horas lectivas para todo o profesorado.
- Actividades de formación dentro do horario lectivo e non ligadas a conceptos retributivos.
- Reducción horaria a partir dos 55 anos.
- Xubilación voluntaria aos 30 anos de servicio ou 60 de idade.
POLOS DEREITOS SINDICAIS PLENOS
- Eleccións sindiais con delegados e delegadas por centro
- Dereito á negociación colectiva
- Non á Lei de Folga