FORMACIÓN PROFESIONAL
ACCESO AOS CICLOS FORMATIVOS

SINDICATO DE TRABALLADORES E TRABALLADORAS DO ENSINO DE GALICIA

CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO

ACCESO DIRECTO
Estar en posesión do título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria.
Estar en posesión do título de Técnico Auxiliar.
Estar en posesión do título de Técnico.
Ter aprobado o 2º curso do BUP.
Ter superado o 2º curso do primeiro ciclo experimental da reforma das ensinanzas medias.
Ter superados os 3 cursos do Plan de 1963 das ensinanzas de Artes Aplicadas e Oficios Artísticos.
Ter superado outros estudios declarados equivalentes a efectos académicos con algún dos anteriores.

ACCESO MEDIANTE PROBA
Ter cumpridos 18 anos de idade ou cumprilos no ano en que se realicen as probas.
Acreditar, cando menos, un ano de experiencia laboral ou de inscrición como demandante de emprego.
Ter superado un programa de garantía social. Ter esgotada a escolaridade na Educación Secundaria Obrigatoria. Posuír o certificado de escolaridade de formación profesional de primeiro grao ou equivalente.
Ter cursado o primeiro ciclo das ensinanzas experimentais autorizadas polas ordes do 6 de novembro de 1983 e 1 de marzo de 1985

CICLOS FORMATIVOS DE GRAO SUPERIOR

ACCESO DIRECTO 

Posuír o título de bacharelato establecido na LOXSE.
Ter superado o segundo ciclo experimental da reforma das ensinanzas medias.
Ter superado o COU.
Posuír o Título de Técnico Especialista, Técnico Superior ou equivalente para efectos académicos.

Estar en posesión dunha titulación universitaria ou equivalente.  

ACCESO MEDIANTE PROBA

Poden acceder mediante unha proba as persoas que non reúnan os requisitos académicos e teñan cumpridos 20 anos no momento da súa realización.

 F.P.SecundariaPortada STEG