SINDICATO DE TRABALLADORES E TRABALLADORAS DO ENSINO DE GALICIA

QUEN SOMOSONDE ATOPARNOSE-mail
Inicio

 

Primaria
Secundaria
Profesorado interino
Provisionais
Lexislación
Reseñas DOG
Retribucións 2002
Xubilacións 2002
Secretaria da Muller
O Ensino na Prensa
STEG Opina
Artigos de Opinión
Publicacións STEG
STEG Formación
Info-STEG
Asesoría Xurídica
Servicio de permutas
Bolsas de traballo
Reseñas BOE
Enlaces

Lei de F.P.

20 razóns para rexeitala

  1. Elaborouse sen un debate público e aberto sobre a Formación Profesional, sen que se avaliara o II Programa Nacional da F.P. en vigor, coa complicidade silenciosa das organizacións patronais e os grandes sindicatos.
  2. Menoscaba as competencias na materia das CC.AA.

  3. Ignora deliberadamente os aspectos de financiamento da F.P. pública.

  4. Permite que as necesidades máis inmediatas das empresas sexan determinantes no deseño da formación, independentemente dos intereses formativos do alumnado: formación lixo para traballo precario.

  5. Acelera a privatización da Formación Profesional pública, permitindo que centros privados e cuase-privados se incorporen plenamente ao sistema educativo, coa posibilidade de ser subvencionados directamente pola Administración e coa capacidade de expedir títulos de validez académica e laboral.

  6. Facilita a incorporación da formación ao negocio das empresas.

  7. Segrega e desertiza a F.P. inicial/regrada, subordinándoa aos intereses do empresariado e eliminando a súa actual función educativa.

  8. Converte a F.P. nun inmenso negocio, en boa parte con cargo a fondos públicos, no que calquera poderá impartir, avaliar e acreditar titulacións, en réxime de libre mercado.

  9.  Legaliza o actual filón de patronais e sindicatos coa Formación Continua e Ocupacional, entregándolles, ademais, o control dos actuais centros públicos, a través do sistema de centros integrados.

  10. Discrimina á cidadanía no acceso á formación, ao diversificar a natureza dos centros de F.P., que competirán en desiguais condicións en canto a medios e oferta formativa.

  11. Desvaloriza o poder contractual das actuais Titulacións Profesionais, mediante a desregulación do sistema de avaliación, acreditación e expedición de títulos, a través da acreditación modular.
  12.  Permite a explotación laboral do alumnado en prácticas, ao non regularse a súa situación nin recoñecerse o carácter laboral das mesmas.

  13. Fai desaparecer a estabilidade laboral do actual profesorado de F.P., obrigado a unha competencia desigual cos formadores privados, incluso no seu propio centro.

  14. Prioriza en recursos ás familias profesionais e ciclos formativos que sexan “rendibles” para a empresa privada. ¿Que pasará co resto?

  15. Elimina o papel vertebrador do ensinante da F.P. pública, anegado nun mar de cursos, formadores e empresas… privados.

  16. Obriga ao profesorado da F.P. pública, de igual xeito que aos aspirantes, a entrar ou manterse no mercado laboral, a unha reciclaxe continua á súa costa e fóra do horario laboral, para tratar de seguir a cambiante demanda empresarial.

  17. Dificulta o acceso do alumnado dos centros públicos ás prácticas en empresas pois estas preocuparanse fundamentalmente do seu propio alumnado.

  18. Tras a ilusionante posibilidade de impartir cursos de formación privados, ocúltase a crúa realidade da desaparición de sectores enteiros da actual F.P. regrada.

  19.   Xerarquiza, aínda máis, a dirección dos centros, modificando os actuais órganos colexiados (claustro e consello escolar) e nomeando  “a dedo” os seus directores. 

  20. Constitúe un modelo educativo plenamente mercantilizado, susceptible de extensión ao resto do sistema educativo