SINDICATO DE TRABALLADORES E TRABALLADORAS DO ENSINO DE GALICIA

QUEN SOMOSONDE ATOPARNOSE-mail
Inicio

 

Primaria
Secundaria
Profesorado interino
Provisionais
Lexislación
Reseñas DOG
Retribucións 2002
Xubilacións 2002
Secretaria da Muller
O Ensino na Prensa
STEG Opina
Artigos de Opinión
Publicacións STEG
STEG Formación
Info-STEG
Asesoría Xurídica
Servicio de permutas
Bolsas de traballo
Reseñas BOE
Enlaces

Lei de F.P.

Aprobación da Lei no Senado

O pasado xoves, 6 de Xuño, o Pleno do Senado aprobou, sen modificación algunha, o Proxecto da Lei Orgánica das Cualificacións e da Formación Profesional. Formuláronse 7 propostas de veto así como 227 emendas parciais a determinados artigos que foron rexeitadas nas votacións pois o grupo Popular conta coa maioría. Logo para a entrada en vigor da Lei só resta a súa publicación no BOE.
No STEG seguimos a pensar que este non é o proxecto que se necesita para revitalizar e dignificar a Formación Profesional senón que supón un intento claro de privatizala, danando claramente á modalidade regrada que se imparte nos IES, pois non integra nin ordena os tres subsistemas existentes, limitándose a por a disposición dos empresarios e das grandes centrais sindicais os recursos públicos para que estes determinen que tipo de oferta formativa lles convén ou que tipo de avaliación, acreditacións e titulacións lles resultan máis rendibles
Hai uns días, pediámosvos que manifestásedes a vosa oposición a esta Lei mediante unha petición de veto dirixida ao Senado, que debía ser enviada antes do 25 de Xuño. Ante o adianto na tramitación, está claro que agora o rexeitamento debe demostrarse doutro xeito. Pedímosche a túa colaboración na localización e denuncia de calquera irregularidade que detectes no teu centro en relación coa aplicación desta normativa ou do Plan Galego de Formación Profesional (desdobres non admitidos, contratacións irregulares, peche de listados de alumnos admitidos en ciclos.....). Estamos convencidos que só dende unha postura constructiva e reivindicativa da F.P. regrada e pública se pode acadar unha auténtica dignificación destes estudios.