No STEG estamos persuadidos de que desde esta organización sindical, ao igual que desde o voso centro educativo, podemos e debemos aportar un esforzo especial na tarefa colectiva da solidariedade, a cooperación e a interculturalidade.
A Federación Galega de Bancos de Alimentos (FEGABAN) é unha organización independente sen ánimo de lucro baseada no voluntariado e cuxo obxectivo principal é á consecución e aproveitamento dos alimentos excedentarios con intención de facelos chegar aos centros asistenciais, e a través deles ás familias e ás persoas necesitadas.
O obxectivo principal de esta asociación é a asistencia deseñada para salvar vidas, aliviar o padecemento e manter e protexer a dignidade humana en situacións de emerxencia e/ou rehabilitación.
A Asociación Ponte Solidario de Ponteareas trátase dun movemento social que loita contra as desigualdades, contra a exclusión social e polo empoderamento das persoas máis vulnerables.
A Asociación Antonio Gandoy de Lugo, de recente creación, presenta aínda un escaso número de socios colaboradores, de persoal voluntario e de medios para realizar o seu labor.