- Aquí tes o enlace ao STEG Opina de principio de curso
O próximo curso 2024/2025 será de implantación a nova lei de Formación Profesional, unha lei que muda substancialmente a definición da formación profesional, converténdoa nun modelo dual desde o primeiro ano, o que supón que unha parte importante das aprendizaxes van ser impartidas a través das empresas. Consideramos que esta nova lei vai ir en detrimento da calidade do ensino, polo que o STEG debe posicionarse claramente ante esta situación.
A empresa papeleira portuguesa Altri planea erguer un macrocomplexo industrial para a produción de celulosa na localidade lucense de Palas de Rei, iniciativa que está a ser fortemente respondida por colectivos, asociacións ecoloxistas, parte dos sindicatos e a oposición no Parlamento galego así como unha parte cada vez máis importante da cidadanía galega.